Lucas Riola e Lara Solsona conquistan a 39 Volta á Ría- Memorial Adolfo Ros

Lucas Riola Delgado, do Club Natación Cedeira-Muebles García, e Lara Solsona Santás, do Marineda Atlético da Coruña, proclamábanse vencedores da 39 Volta á Ría-Memorial Adolfo Ros con saída e meta en Neda, municipio coorganizador xunto aos de Fene, Ferrol e Narón, e a participación de máis de 800 atletas nas diferentes categorías.

Fuente Concello de Neda/LUCAS RIOLA E LARA SOLSONA

Estes xovencísimos deportistas conquistaban a carreira con apenas 18 anos, no que supoñía a súa primeira participación na Volta á Ría-Memorial Adolfo Ros. Non así nisto de sumar títulos, xa que procedentes do mundo do triatlón, ambos os dous son habituais nos podiums estatais.

Lucas Riola marcaba o mellor tempo, completando a media maratón nunha hora e 9 minutos, impoñéndose con autoridade ao seu inmediato competidor. Na categoría feminina, Lara Solsona facía o propio, superando a liña de meta cun crono dunha hora e 24 minutos.

PREMIOS_MELLORES ATLETAS DOS CONCELLOS ORGANIZADORES

No apartado local, Martín Barreiro e Lucía Sicre lograban o trofeo aos mellores atletas dos catro concellos organizadores -Neda, Ferrol, Fene e Narón-, e na xeral adaptada recoñecíase o magnífico papel de Álvaro Illobre, Eloy Iglesias e Carmen América Gómez, recibindo cadanseu trofeo no acto celebrado ao remate da carreira no pavillón municipal Ale de Paz, coa presenza do alcalde de Neda, Ángel Alvariño; da alcaldesa de Fene, Sandra Permuy, así como dos concelleiros de Deportes de Neda, Ángeles Puentes; de Ferrol, Ricardo Aldrey; de Narón, Ibán Santalla, e de  Fene, Alba García, e do edil de Seguridade nedense, Ángel García Cordero.

Tamén, da irmá de Adolfo Ros, Patxi Ros, que recibía o agarimo do público presente, e levantaba ao ceo o ramo de flores que recibía de mans do rexedor de Neda.

PREMIOS_PRIMEIRO E PRIMEIRA ATLETA DA XERAL

A clasificación completábase coas categorías sub 20, con trunfo para Lucas Riola e Lara Solsona; sub 23, con victoria de Martín Barreiro e Paola López; senior, con trunfo de Alejandro Pérez e Lucía Sicre; master A, que conquistaron Pablo Miguel García e Marta Real Valiño; master B, na que Jesús Beceiro e Helena Peñas ocuparon a primeira praza; master C, na que os vencedores foron Carlos Álvarez e Ana Belén González, e master D, que recaeu en José Luis González e María Manuela Guisasola.

Con distancias entre os 4 km e os 400 m, celebrábanse tamén as carreiras de menores, nas que se impuxeron os/as seguintes deportistas: Mario Cupeiro e Tania López (sub 18); Brais Martínez e Cloe Yáñez (sub 16); Iago Goiriz e Alba Filgueira (sub 14); Niko Rilo (sub 12); Roi Seoane e Martina Álvarez (sub 10), e Hugo Alage e Aloia Vigo (sub 8). Os máis pequenos e pequenas tamén participaron cubrindo unha distancia de 50 m, recibindo todos eles e elas a súa correspondente medalla.

PREMIOS_XERAL ADAPTADA

Os concellos organizadores tamén quixeron recoñecer, e dar visibilidade, á capacidade de superación de Sonia e Patricia, da asociación Aefat, e afectadas por ataxia telangiectasia, unha enfermidade xenética considerada rara ou pouco frecuente, que causa unha gran discapacidade física progresiva, inmunodeficiencia, problemas respiratorios frecuentes e unha maior predisposición ao cancro. Unha doenza que non lles impediu participar na carreira, demostrando a súa extraordinaria capacidade de superación.

Todos os resultados poden consultarse na web da Federación Galega de Atletismo.

Por último, os concellos organizadores agradeceron moi especialmente a colaboración brindada pola Garda Civil de Tráfico, a Policía local e as agrupacións de Protección Civil dos catro municipios, claves para regular o tráfico ao longo do itinerario e garantir a seguridade dos participantes.

Lea también

Triple sobre la bocina del BBCA masculino para recuperar la sonrisa con una victoria épica

Épica victoria del Costa Artabra sobre la bocina, en un trabajado encuentro este sábado ante …