A Coruña acolle a XXXIII edición do Campionato de España de Dominó por Parellas, con máis de 500 participantes de todo o país

A competición celébrase do 6 ao 8 de decembro no Hotel NH Collection Finisterre.

A Coruña converterase esta ponte festiva na capital nacional do dominó coa celebración da XXXIII edición do Campionato de España de Dominó por Parellas, que ten lugar entre este sábado e o 8 de decembro no Hotel NH Collection Finisterre e que conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

O evento reunirá na cidade a máis de 500 participantes procedentes de todas as comunidades autónomas de España, converténdose nun dos encontros máis multitudinarios da historia desta competición.

O presidente da Deputación da Coruña recibiu hoxe no Pazo Provincial a unha delegación dos participantes encabezada polo presidente e o secretario da Federación Española de Dominó, Faustino Alegría e Antonio Carmona, así como polo presidente e o vicepresidente da Federación Galega, Manuel Seoane e Ángel Corredoira, que o invitaron a presidir mañá a inuaguración oficial do campionato.

Durante o encontro, o presidente deu a benvida aos xogadores e xogadoras, moitos dos cales chegan acompañados das súas familias, e convidounos a “gozar dunha fin de semana única na Coruña, unha cidade perfecta para vivir este campionato e esta ponte festiva”.

A Deputación destacou tamén o impacto positivo que supón para a cidade a celebración dun torneo desta dimensión, tanto no ámbito deportivo como no económico e turístico, dada a alta participación e a chegada de visitantes de todo o país.

Lea también

El Club Sincro Ferrol brilla en el Trofeo Concello de Oleiros con varios podios

El Club Sincro Ferrol firmó una destacada actuación el pasado sábado, 18 de abril, en …