Doménico Codispoti e Esteban Ocaña interpretan no teatro Jofre de Ferrol, «Le Grand Tango»

O concerto, programado para este xoves, está organizado pola Sociedad Filarmónica Ferrolana (SFF) e as entradas poden mercarse na billeteira do Jofre e a web de Ataquilla. A obra musical foi escrita polo compositor arxentino Astor Piazolla, que foi o maior impulsor e renovador do tango cara ós escenarios de música clásica.

O tango, o jazz e a música clásica fusiónanse este xoves ás 20:30 horas no teatro Jofre, en Ferrol, da man do dúo de pianistas formado polo italiano Doménico Codispoti e o español Esteban Ocaña, en torno á obra do compositor arxentino Astor Piazolla (1921-1992).

O concerto Le Grand Tango ten unha duración aproximada de 90 minutos (incluido un descanso de 10 minutos e dúas propinas) e está formado polas seguintes obras: Tangata, Suite Porteña de Ballet, Soledad, Verano Porteño, Le Grand Tango, Milonga del Ángel, Adiós Nonino, e Michelangelo 70.

Astor Piazolla foi o maior impulsor e renovador do tango cara ós escenarios de música clásica de todo o mundo, elevando a música popular do seu país ó olimpo da música clásica. Agora o dúo de pianistas formado por Codispoti e Ocaña darán un repaso hiptótico e deslumbrante a toda a súa obra, nunha das citas máis singulares desta tempada da Sociedad Filarmónica Ferrolana, quen organiza esta cita.

Nesta ocasión, o concerto estará dedicado á memoria de Juan García Pérez, finado o pasado mes de novembro e quen fora durante 27 anos (entre 1984 e 2011) presidente da SFF.

A presencia en Ferrol de Doménico Codispoti, mestre do conservatorio italiano de Novara, e o español Esteban Ocaña, director do conservatorio de Linares (Jaén) ten un simbolismo especial, xa que ambos son alumnos destacados de Joaquín Achúcarro, estudiante á súa vez de José Cubiles, outro gran pianista español que deu o concerto fundacional da SFF en 1949, para o que a entidade adquiriu un dos dous pianos que se empregarán neste concerto, xunto a outro que é propiedade do Concello e está no teatro Jofre.

As entradas poden mercarse ó prezo de 16 euros (cinco euros para os socios da SFF) na billeteira do Jofre e en Ataquilla .

Lea también

Jornada de puertas abiertas en la Biblioteca Naval de Ferrol, «la cultura también se navega»

Este viernes día 23 de octubre, con motivo de la celebración del Día Internacional de …