Tras crear a marca Sabores de Ferrol á que pertencen 10 ultramarinos da cidade, grazas á axuda de Promoción Económica do Concello de Ferrol, CITES GALICIA pon de novo en marcha unha acción de promoción dos mesmos co fin de promover o consumo nos ultramarinos de barrio e ensalzar os seus produtos e servizo.
Integran este colectivo: “El Rápido”, “La Tienda de Erika” da Madalena, Comarea de Esteiro, “Frutería Victor” de Canido, “Frupan” tanto o da rúa Cuntis como o de Hernán Cortés, “Maruja Alimentación” situado na rúa Enxeñeiro A. Comerma, “Frutería Tonia” da rúa Venezuela, “Frutería Amorodos” na Estrada de Catabois e A Tendiña de Montecoruto. Como espazos de referencia en distintos barrios da cidade, ofrecen productos locais e de proximidade e un trato persoalizado e casi diario cos seus clientes.
A acción consiste no reparto de milleiros de bolsas da cor laranxa, moi chamativas, e co logo de Sabores de Ferrol que van encher as rúas de Ferrol durante o que resta do ano. Este tipo de actuacións teñen unha extraordinaria acollida ano tras ano, tanto por parte dos establecementos como polos seus clientes.

Trátase dunha inicitiva con intención de continuidade e co obxectivo de dar visibilidade e por en valor os pequenos ultramarinos e tendas de barrio, ademáis de estimular o consumo entre os consumidores habituais e captar novos clientes.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.


