Comeza en Neda o ciclo de charlas especializadas en alzhéimer e outras demencias impartido por Afal

Coincidindo co Día Internacional das persoas con discapacidade, iniciábanse no Concello de Neda as sesións formativas especializadas en alzhéimer e outras demencias impartidas por persoal técnico de Afal Ferrolterra. O centro cívico da vila collía esta mañá a primeira das charlas na que, tras ofrecer unha visión xeral ao redor dos trastornos neurocognitivos dexenerativos con maior prevalencia, apuntáronse os sinais de alerta do alzhéimer
e as distintas fases desta patoloxía.

Na proposta formativa, especialmente pensada para coidadores e coidadoras familiares, a psicóloga Elisa Castro incidiu na importancia de detectar síntomas temperás (dificultade para lembrar nomes de cousas, desorientación, dificultades co manexo do diñeiro, alteración na vestimenta e trastornos comportamentais, cambios no estado de ánimo, desconexión emocional…), así como de diagnosticar a enfermidade e comezar a actuar cando a persoa aínda é autónoma. Algo fundamental para intentar retrasar a dependencia.

A actividade, programada co apoio da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, terá este xoves unha segunda entrega centrada na autonomía e na mobilización da persoa que se atopa nunha fase xa avanzada da enfermidade (hixiene postural, posición do corpo sentado e mais deitado), coidando do seu benestar e máis o da persoa que o atende.

Lea también

El Supremo anula la autorización de un eólico en Moeche al no analizar los efectos con parques cercanos

El Tribunal Supremo ha anulado la autorización administrativa del parque eólico Moeche, en la provincia …