A piques de rematar a transformación da principal vía de comunicación de As Pontes

As obras da cuarta fase do proxecto de renovación de pavimentos e servizos na Avenida de Galicia avanzan a bo ritmo e encaran xa a súa fase final, consolidando o proceso de rehabilitación, humanización e mellora da accesibilidade iniciado polo Concello nas fases anteriores, incluída a renovación da Praza do Hospital.

Esta intervención conta cun orzamento de 277.173 euros financiado integramente pola Deputación da Coruña a través do POS (Plan de Obras e Servizos) e completa a transformación integral da principal vía de comunicación do municipio.

Os traballos que se están a executar permitirán a eliminación dos desniveis entre a calzada e as beirarrúas, mellorarán a iluminación e avanzan na separación da rede de drenaxe respecto da rede de saneamento. Entre as actuacións levadas a cabo destacan o retranqueo dos farois e das sinais de tráfico, a substitución das varandas existentes por outras de aceiro inoxidable e o fresado e demolición do firme para permitir a extensión do novo pavimento.

A beirarrúa peonil executouse con baldosa prefabricada, seguindo a liña estética da contorna, e incorporouse unha fila de lastro prefabricado de formigón en cor negra entre a baldosa e o aglomerado. Ademais, nos accesos aos pasos de peóns e á rampla colocouse baldosa de botóns que facilita a circulación e a seguridade das persoas con discapacidade visual. No eido da drenaxe, creouse unha nova canalización para recoller as augas pluviais e separalas das fecais, mediante dous tramos de colectores de pluviais e sumidoiros conectados por pozos de rexistro.

A mellora da iluminación pública incluíu a execución de arquetas, a instalación da nova canalización eléctrica, o tendido do cableado e a recolocación ao tresbolillo dos farois existentes asi mesmo, nos pasos de peóns instalaranse tamén tres captafaros LED por cada sentido de circulación e sinais luminosas. Na zona de rodadura e dos aparcamentos aplicarase formigón bituminoso cun acabado impreso con debuxo de lastro e unha capa protectora de resinas.

A intervención rematará coa instalación de papeleiras, xardineiras, bancos, alcorques para as árbores existentes e coa reposición da sinalización vertical e horizontal.

Lea también

El Supremo anula la autorización de un eólico en Moeche al no analizar los efectos con parques cercanos

El Tribunal Supremo ha anulado la autorización administrativa del parque eólico Moeche, en la provincia …