O CIRS de Cervás, Ares, organiza unha mostra de artesanía en madeira

Este sábado día 6 abre a exposición de traballos en madeira que organiza o CIRS de Cervás, Ares, e que permanecerá no local da sociedade ata o día 11 deste mes de decembro, en horarios de 12 a 15 e de 18 a 22 horas. A exposición recolle traballos de artesanía en madeira dos artesáns Foxo Artesanía, Tonono e Lolo do Outeiro; todos eles relacionados coa parroquia de Cervás e as súas proximidades.

O primeiro deles -Óscar Foxo- ofrecerá unha ampla mostra das súas obras en brinquedos e aparellos de percusión; mentres que Tonono deixará conta do seu amplo traballo especializado en autómatas de madeira; e no caso de Lolo do Outeiro -finado no 2002- exporáse unha retrospectiva dos trebellos e figuras en madeira que fixo en vida. En paralelo á exposición, proxectaránse vídeos que recollen todos estes traballos.

A mostra -que conta coa colaboración da Asociación Cultural “Apelón” de Mugardos e tamén do concello de Ares- pretende achegar esta modalidade de artesanía en miniaturas ao conxunto da poboación e, dun xeito especial, á xente mais nova.

Lea también

San Sadurniño acolle a estrea das curtametraxes realizadas no marco da X Chanfainalab

Este sábado 7 de marzo se estrea na Casa de Cultura de San Sadurniño 20 …