A banda Böj presenta no teatro Jofre o seu novo traballo discográfico

A formación, con raíces na comarca, consagra o seu estilo de folk tradicional  nun disco honesto, vibrante e conectado co mundo que a rodea. As entradas xa están disponibles na web de Ataquilla e na billeteira do Jofre.

A banda orixinaria de Ferrolterra Böj presentará este domingo ás 19:00 horas no teatro Jofre o seu novo disco: Hora Zulú.

Un traballo de estudo no que se condensa toda a aprendizaxe desta formación ao longo de máis de dúas décadas de traxectoria, e que representa unha evolución natural do seu son. Ademais, o disco está concebido coma unha declaración de intencións: un compromiso coa tradición, a investigación, a audacia e a emoción.

Con esta nova proposta musical, Böj consagra a súa visión sobre o folk actual, nunha viaxe musical sen prexuízos por diferentes latitudes, percorrendo desde o norte de Europa ata o norte de África. A banda segue mantendo o seu compromiso coa súa filosofía internacional e innovación musical firmemente arraigada na tradición.

Böj está integrada por Ricardo Mouriño, Fausto Escrigas, Rubén Gómez, Pablo Vergara e Cibrán Seixo. Todos eles contan con amplia experiencia tanto na escena folk como noutros xéneros como o reggae, o jazz, ou o pop-rock, o que contribúe a dotar á banda dunha sonoridade rica, versátil e chea de personalidade.

Desde os seus inicios, Böj actuou en salas e festivais de todo o país e do extranxeiro, sendo recoñecidos polo seu potente directo, o seu enfoque creativo e a súa fidelidade a unha tradición que saben reinterpretar con liberdade e respecto.

As entradas poden adquirirse na billeteira do teatro Jofre e na web de Ataquilla.

Lea también

La Filarmónica Ferrolana extiende su oferta musical cara la primavera con tres eventos extra

La Filarmónica Ferrolana va extender de manera excepcional su oferta musical de cara a la primavera, con …