Xira artística polo norte de España da Rondalla “Nas Ondas do Mar” no seu primeiro aniversario

A Agrupación Artística «Nas ondas do mar»  vai conmemorar o seu primeiro aniversario cunha xira artística polo norte e levante de España na próxima ponte da Constitución. En colaboración con centros galegos e o apoio institucional da Xunta de Galicia levara na súa música por diversas cidades para aledar o Nadal as comunidades galegas residentes e de paso promocionar a Festa das Pepitas, tan necesitada de proxección exterior.

A xira vai comezar o venres día 5 de decembro en Santander, onde actuarán nas dependencias da Casa de Galicia de Cantabria, para despois continuar viaxe cara a Santa Coloma de Gramenet (Barcelona), onde dará nun concerto na Igrexa Maior o sábado 6, co patrocinio do Centro Cultural e Social Airin os da Nosa Galicia de Santa Coloma.

O domingo día 7 terán dobre sesión, pola maña actuarán promocionados pola FEGALCAT (Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya) nos salóns do Centro Castellano Leones de Barcelona, e pola tarde
viaxarán a Castelló para actuar nos salóns do Hotel Castello Center patrocinados polo Centro Galego de Castello “O Aturuxo”.

Finalmente, rematarán a xira o luns 8 en Burgos con outro concerto a cargo do Centro Galego en Burgos.

Os membros de Nas Ondas do Mar, sinalan nun comunicado, «que están encantados de poder dar remate a este primeiro ano de actividade cunha viaxe tan impresionante, que nunca se deu entre as agrupacións ferrolás modernas de música tradicional con tantos escenarios diferentes, finalizando así un programa anual de case cincuenta concertos.

Rememoran dalgunha maneira aquela viaxe que en 1907 levara a Rondalla Airiños d’a Miña Terra por varias localidades de Catalunya baixo a presidencia do Enxeneiro Comerma. Ou aqueloutra viaxe do Real Coro Toxos e Froles en 1934, que coa vontade de recadar fondos para facerlle un monumento a Concepción Arenal, os levara a dar concertos por varias cidades en ruta ate chegar igualmente a Catalunya.

Tócanos pois a nos, levar desta vez con orgullo a representación ferrola da nosa música, para chamar a atención e tentar atraer xente a nosa festa tradicional por excelencia».

Lea también

La SAF anuncia su programa cultural 2026 y la creación de la Medalla Sotomayor

La Sociedad Artística Ferrolana-SAF impulsa la cultura local anunciando su programa para el 2026.   …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *