O pleno avala por unanimidade as bases do POS do vindeiro ano, tras pechar 2025 con 138 millóns, o récord histórico de investimento nos municipios da provincia O POS Social increméntase nun 14%, pasando de 7 a 8 millóns de euros para que os concellos financien políticas sociais.
A Deputación da Coruña aprobou por unanimidade no pleno as bases do Plan Único (POS+) 2026, que arrinca cun orzamento inicial de 88 millóns de euros e consolida á institución como o motor inversor dos concellos da provincia.
O presidente, Valentín González Formoso, destacou que este modelo, recoñecido polos propios alcaldes como imprescindible, garante que todos os municipios dispoñan de recursos suficientes para seguir financiando obras, servizos públicos e programas sociais. A aprobación dos fondos un mes antes de que remate o ano permite aos concellos planificar e programar os seus investimentos dende o 1 de xaneiro de 2026.
Formoso lembrou que o POS+2025 pecha o exercicio deste ano cun investimento total de 138 millóns de euros, “unha cifra histórica, que confirma o Plan Único como o principal motor inversor dos concellos da provincia”. “Unha gran parte das obras, dos servizos públicos municipais dos que goza a cidadanía e das políticas sociais dos nosos concellos contan co apoio económico do Plan Único”, afirmou.
O presidente subliñou que a Deputación “vai volver estar á altura”, iniciando 2026 cun orzamento inicial que se incrementa de novo con respecto ao do ano pasado.
Un plan que defende a autonomía local
Valentín González Formoso incidiu en que o Plan Único é xa “un sinal de identidade política desta Deputación”, baseado na confianza nos concellos e na defensa da autonomía municipal. “A mellor maneira de facer política útil é deixar que quen mellor coñece a realidade da súa veciñanza decida en que investir cada euro”, afirmou. Lembrou que este modelo, no que os concellos elixen libremente as súas prioridades, permitiu nestes dez anos de goberno de progreso mellorar infraestruturas básicas, modernizar servizos públicos e desenvolver proxectos estratéxicos en todos os puntos da provincia.
Máis servizos públicos, máis obra pública e máis protección social
O POS+2026 permitirá continuar avanzando en melloras de vías municipais, redes de abastecemento e saneamento de auga, iluminación eficiente, renovación de espazos urbanos e rurais e modernización de equipamentos culturais, deportivos ou sociais.
O plan reforza tamén os programas sociais municipais, que teñen un papel fundamental na atención ás persoas maiores, á infancia, ás familias con máis dificultades e aos colectivos máis vulnerables. “O Plan Único non é só obra pública; é cohesión social, é igualdade e é protección das persoas maís vulnerables”, sinalou Formoso, que subliñou que o POS Social- a liña do Plan Único destinada a financiar políticas sociais nos concellos- increméntase nun 14%% en 2026, pasando de 7 a 8 millóns de euros.
O maior plan municipal de Galicia
O POS+ volve ser o maior plan municipal das catro deputacións galegas, tanto en volume económico como en número de actuacións aprobadas. Formoso asegurou que “o compromiso da Deputación é claro: seguir aumentando a capacidade de investimento dos concellos e seguir apostando por este modelo que demostrou, ano tras ano, que funciona e que mellora a vida da xente”.
Desde a súa creación hai unha década, o Plan Único leva mobilizados 812 millóns de euros e financiado 4.643 obras nos 93 concellos coruñeses, converténdose na columna vertebral da cooperación local da institución,
Outros asuntos do pleno
O pleno de novembro deu ademáis luz verde a outros asuntos importantes como o convenio con Aspronaga para financiar a reforma interior da residencia Ricardo Baró de Oleiros, unha actuación na que a Deputación investirá 200.000 euros e que incluirá múltiples reformas no inmoble, que data de 1985, para mellorar o confort, a accesibilide a iluminación do centro, no que residen 71 persoas. A reforma permitirá tamén habilitar novos comedores, ampliar os pasillos, mellorar as habitacións e baños, substituir todas as portas, o falso teito e a renovación completa da sala de caldeiras.
Tamén se aprobaron convenios co Concello de Ferrol para o programa de apoio á candidatura da cidade a patrimonio mundial da UNESCO (80.000 €), coa USC para financiar a programación de actividades culturais, artísticas, educativas e de fomento da investigación da institución académica (158.000 €) ou coa Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina para o financiamento da creación da Compañía Teatral Galega de Bos Aires e a representación da obra “O Heroe” de Manuel Rivas
Achegas do POS+2026 por concelos e comarcas
|
Comarca A Coruña |
Total POS + 2026 |
|
Abegondo |
982.199,98 |
|
Aranga |
766.910,96 |
|
Arteixo |
2.179.029,12 |
|
Bergondo |
729.724,06 |
|
Betanzos |
888.533,04 |
|
Cambre |
1.524.430,96 |
|
Carral |
729.599,01 |
|
Coirós |
438.512,99 |
|
Coruña (A) |
371.678,13 |
|
Culleredo |
1.861.687,17 |
|
Curtis |
836.492,35 |
|
Irixoa |
550.977,55 |
|
Mesía |
819.145,34 |
|
Miño |
705.539,73 |
|
Oleiros |
2.078.321,50 |
|
Paderne |
519.089,47 |
|
Sada |
1.092.202,19 |
|
Sobrado |
831.521,55 |
|
Vilasantar |
509.748,82 |
|
Oza-Cesuras |
1.380.970,30 |
|
Total comarca |
19.796.314,22 |
|
Comarca de Santiago |
Total POS + 2026 |
|
Ames |
2.003.997,30 |
|
Arzúa |
1.316.846,29 |
|
Baña (A) |
854.380,24 |
|
Boimorto |
716.715,63 |
|
Boqueixón |
792.421,62 |
|
Brión |
903.866,08 |
|
Dodro |
413.482,10 |
|
Frades |
702.266,88 |
|
Melide |
1.248.549,38 |
|
Negreira |
1.118.242,19 |
|
Ordes |
1.483.889,46 |
|
Oroso |
909.829,51 |
|
Padrón |
758.146,05 |
|
Pino (O) |
1.031.565,57 |
|
Rois |
849.022,59 |
|
Santa Comba |
1.562.179,97 |
|
Santiago de Compostela |
1.572.144,13 |
|
Santiso |
703.175,46 |
|
Teo |
1.443.381,20 |
|
Toques |
629.586,47 |
|
Tordoia |
887.443,28 |
|
Touro |
995.438,80 |
|
Trazo |
806.047,59 |
|
Val do Dubra |
878.502,03 |
|
Vedra |
724.681,55 |
|
Total comarca |
25.305.801,37 |
|
Comarca de Bergantiños-Costa da Morte |
Total POS + 2026 |
|
Cabana de Bergantiños |
838.427,28 |
|
Camariñas |
623.379,44 |
|
Carballo |
2.466.262,75 |
|
Cee |
782.490,93 |
|
Cerceda |
895.559,33 |
|
Corcubión |
256.737,55 |
|
Coristanco |
1.136.650,09 |
|
Dumbría |
861.376,75 |
|
Fisterra |
496.556,14 |
|
Laxe |
494.240,11 |
|
Laracha (A) |
1.301.895,66 |
|
Malpica de Bergantiños |
709.891,90 |
|
Muxía |
999.530,35 |
|
Ponteceso |
925.351,10 |
|
Vimianzo |
1.398.842,08 |
|
Zas |
1.063.645,97 |
|
Total comarca |
15.250.837,43 |
|
Comarca de Ferrol, Eume e Ortegal |
Total POS + 2026 |
|
Ares |
528.868,43 |
|
Cabanas |
515.601,41 |
|
Capela (A) |
457.625,89 |
|
Cedeira |
853.967,52 |
|
Cerdido |
417.188,59 |
|
Fene |
896.188,48 |
|
Ferrol |
713.656,24 |
|
Mañón |
589.932,29 |
|
Moeche |
444.763,79 |
|
Monfero |
983.059,74 |
|
Mugardos |
366.934,69 |
|
Narón |
2.184.536,77 |
|
Neda |
488.582,31 |
|
Ortigueira |
1.502.653,60 |
|
Pontedeume |
697.733,52 |
|
Pontes de García Rodríguez (As) |
1.790.718,77 |
|
San Sadurniño |
736.130,69 |
|
Somozas (As) |
585.227,65 |
|
Valdoviño |
881.627,14 |
|
Vilarmaior |
384.264,24 |
|
Cariño |
540.522,96 |
|
Total comarca |
16.559.784,72 |
|
Comarca Barbanza |
Total POS + 2026 |
|
Boiro |
1.403.036,27 |
|
Carnota |
648.467,12 |
|
Lousame |
731.599,68 |
|
Mazaricos |
1.196.641,58 |
|
Muros |
883.509,95 |
|
Noia |
956.926,40 |
|
Outes |
914.754,27 |
|
Pobra do Caramiñal (A) |
714.617,41 |
|
Porto do Son |
1.040.785,92 |
|
Rianxo |
907.021,04 |
|
Ribeira |
1.689.902,62 |
|
Total comarca |
11.087.262,26 |
|
Resumo por Comarcas |
TOTAL POS + 2026 |
|
A Coruña |
19.796.314,22 |
|
Santiago |
25.305.801,37 |
|
Bergantiños |
15.250.837,43 |
|
Ferrol |
16.559.784,72 |
|
Barbanza |
11.087.262,26 |
|
Total |
88.000.000,00 |
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.
