A Deputación da Coruña renova o convenio para o financiamento do programa ‘A liña do galego’

A administración provincial tamén investirá 20.000 euros no proxecto Correlingua 2025. A deputada de Lingua, Sol Agra, destacou o compromiso da Deputación co galego, a través da súa Unidade Técnica de Normalización Lingüística, “que desenvolve diversos programas dirixidos á poboación e ás entidades da provincia para conseguir a implicación progresiva de todos os colectivos no proceso de recuperación social da lingua galega”

Convenio A Mesa

A Deputación da Coruña segue a apoiar iniciativas a prol do galego. A deputada de Lingua, Sol Agra, asinou na sede provincial dous convenios coa Mesa pola Normalización Lingüística e coa Asociación Cultural Correlingua, por un importe conxunto de 60.000 euros. Agra destacou o compromiso da institución co galego a través da súa Unidade Técnica de Normalización Lingüística, “que desenvolve diversos programas dirixidos á poboación e ás entidades da provincia para conseguir a implicación progresiva de todos os colectivos no proceso de recuperación social da lingua galega, fomentando o seu uso e prestixio en ámbitos como a educación, a cultura, o deporte, as novas tecnoloxías e a comunicación”.

A liña do galego’

A deputada e o presidente da Mesa, Marcos Maceira, renovaron o acordo para o financiamento do programa ‘A liña do galego’, para o que a Deputación achegará neste exercicio 40.000 euros, o 80 por cento do orzamento. A liña do galego dispón dun número de teléfono, correo electrónico e aplicación móbil para Android e Apple nos que tramita queixas en relación con institucións, empresas e outras entidades que vulneran os dereitos lingüísticos e incumpren acordos e lexislación nacional, estatal e internacional en materia lingüística. Tamén apoia e recoñece a quen dea pasos cara a garantía do dereito a vivir en galego.

O orzamento destinarase a persoal para atención, xestión e asistencia xurídica (43 000 euros); comunicación dos actos relacionados co servizo (5600 euros); renovación e actualización da aplicación móbil (300 euros); deseño e impresión do informe anual (600 euros); distribución de material informativo (500 euros).

Convenio Correlingua

Correlingua

Agra tamén asinou con Suso Bermello, en representación da Asociación Cultural Correlingua, o convenio polo que administración provincial investirá 20.000 euros, case o 55 por cento do orzamento, no proxecto Correlingua, que en 2025 tivo como lema ‘A mocidade activa por unha lingua viva’.

Correlingua é unha iniciativa de carácter lúdico, educativo e reivindicativo que desde 2001 convida a mocidade, alumnado e centros de ensino de diferentes niveis a participar nun acto público de reivindicación do dereito de medrar en galego. O programa esténdese ao longo de todo o ano con actividades que teñen por obxecto traballar sobre a lingua e contribuír á sensibilización co idioma, dándolle protagonismo ao alumnado na preparación de contidos.

O orzamento destinarase á organización de actividades (29 403,65 euros); contratación de profesionais para presentacións, son, comunicación e coordinación (24 353,15 euros); desprazamentos do alumnado ás festas (3.470,50 euros); deseño e edición de material promocional (7 317 euros).

Lea también

Galicia superó el pico de la gripe, pero Sanidade pide «cautela» ante el posible impacto de las navidades

Caamaño reivindica la alta cobertura vacunal y la atención hospitalaria, con más de 50.000 urgencias …