FeC denuncia falta de control sobre enseres e contedores de lixo no barrio ferrolano de San Pablo

Ferrol en Común considera inaceptable o estado actual do barrio ferrolano de San Pablo, «condenado» din «á marxinación pola inacción do goberno local, quen non é quen de prestar o mínimo de servizos esenciais á comunidade».

Barrio de San Pablo nocturna. Fuente foto FeC

Dende esta organización declaran que ven reclamando ano tras ano a inclusión de San Pablo nas Áreas de rehabilitación integral, así como o desenvolvemento dun Plan sociocomunitario que alivie a carga de exclusión, falta de convivencia cívica e repunte da delincuencia que están a sufrir dende hai anos, «o goberno local parece máis preocupado nas súas grandes obras estrela centradas no barrio da Magdalena que en atender as demandas urxentes da cidadanía».

Contedores queimados sen repoñer dende hai meses, obrigando á veciñanza a depositar o lixo no chanenseres e mobles tirados na rúa dende hai semanas e falta de suxección que fai que volen rúa abaixo, bancos inutilizados e unha falta xeral de urbanización en beirarrúas e iluminación, «son algúns dos problemas que veciños da zona nos poñen de manifesto, a nós e ao goberno, que non actúa porque é unha zona que dá por amortizada, se esa circunstancia se dese no centro de ben seguro que estaba solventado o problema», declara la formación FeC.

Barrio de San Pablo nocturna. Fuente foto FeC

Dende Ferrol en Común «instan a unha actuación de emerxencia no barrio, que cando menos o faga habitable e manteña a mesma intensidade de actuación para equiparala ao resto da cidade, non facendo categorías de cidadáns en función do lugar en que vivan en Ferrol».

Lea también

La Xunta licita por 14 millones un nuevo edificio de 75 viviendas públicas en Ferrol

Las obras en el barrio de O Bertón comenzarán a contratarse este lunes y forman …