O teatro de Os Quinquilláns chega a Ares para adaptar ‘Cousas’ de Castelao

O Concello de Ares organiza esta proposta o venres 28 de novembro, a partir das 18:30 horas no salón de actos da Alianza Aresana.

A compañía teatral Os Quinquilláns desembarcará este 28 de novembro na Alianza Aresana (18:30 horas) para adaptar, cunha retranca que mestura traxedia e comedia, a obra ‘Cousas’, de Castelao, no marco do acto que programa a concellaría de Cultura de Ares.

Empregando o humor como elemento expresivo, farán unha divertida versión dalgúns dos corenta e cinco relatos breves satíricos que integran a obra do rianxeiro, mais mantendo as grandes temáticas que a caracterizan: a emigración, a xustiza social, a ecoloxía, a solidariedade…

Un xeito de achegarse así á visión da sociedade da época de Alfonso R. Castelao nun ano, este 2025, no que se celebra o seu 75 cabodano, conmemorando a súa memoria e legado sabendo que é, en esencia, un dos fundadores da Galicia contemporánea.

O evento inscríbese na Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Lea también

Jornada de puertas abiertas en la Biblioteca Naval de Ferrol, «la cultura también se navega»

Este viernes día 23 de octubre, con motivo de la celebración del Día Internacional de …