Milleiros de escolares de Ferrolterra únense para alzar a voz contra os micromachismos

Fuente Fanpa Ferrolterra.

Un ano máis a Federación de Anpas de Ferrol e Comarca “Concepción Arenal” levou a cabo, con motivo do 25N, o VII Encontro Escolar de Ferrolterra pola emiminación da Violencia de Xénero que, financiado pola Deputación da Coruña, permite participar de balde aos Centros Escolares da Comarca, chegando a máis de 13.000 nenos e neas entre 6 e 16 anos.

Nesta ocasión alzaron a voz contra os micromachismos, eses pequenos xestos, actitudes, comentarios e prexuizos que se manifiestan no cotidiá contribuíndo á desigualdade e colocando á muller nunha posición inferior. Estas actitudes convértense nunha violencia de xénero invisible ou, máis ben, invisibilizada.

Fuente Fanpa Ferrolterrra

O principal problema para acabar cos micromachismos reside na falta de conciencia e na dificultade para recoñecelos, por iso é fundamental coñecelos e identificalos para poder loitar contra eles. Para que os nenos e neas sexan máis conscientes dos mesmos, os milleiros de escolares e os seus mestres/as traballaron xuntos neste tema dun xeito entretido, co fin de que aprender a recoñecelos e así loitar contra eles, ata eliminalos da súa vida e da sociedade.

O eixe do encontro foi dicir dun xeito alto e claro algún dos micromachismos contra os que loitar, mediante o uso dun MEGÁFONO ESPECIAL persoalizado. Tanto os mestres/as como cada escolar recibeu da Fanpa, xunto cun folleto especializado, un megáfono de cartón que servíu para, dun xeito simbólico, alzar a voz contra os micromachismos.

Fuente Fanpa Ferrolterra

O procedemento ou mecánica do encontro foi “o teléfono escharrado”. Así, o mestre ou mestra foi a persoa encargada de dicir mediante o seu megáfono un micromachismo que transmitiu ao primeiro neno ou nena ao oído, éste fixo o mesmo ao seguinte compañeiro/a co seu propio megáfono, ata terminar no últim@ que dixo o micromachismo escoitado.

En moitas ocasións o resultado final difireu notablemente da mensaxe inicial, mais serviu para repetilo e asentalo na mente dos máis pequen@s ata recoñecelos e saber que non están ben e teñen que ser eliminalos.

 

Lea también

Psoe Ferrol presenta unha moción para a protección do arbolado urbano

O grupo municipal socialista presenta unha moción no pleno para a protección do arborado urbano, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *