Valdoviño acolle o espectáculo `A muller orquestra´ dos Bolechas e `Vicio houbo sempre´de Atenea García

O Concello descentraliza a programación coa que conmemora o 25N con dúas propostas no local da asociación veciñal.

A programación «Somos e Contamos» deseñada polo Concello de Valdoviño para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres trae este domingo dúas interesantes propostas ao local da asociación de veciños de Meirás: a partir das 12:30 horas, o espectáculo «A muller orquestra» dos Bolechas, para toda a familia, e ás 17:00 horas, a narración oral «Vicio houbo sempre» de Atenea García, para un público adulto. Nos dous casos, con entrada de balde.

Os Bolechas chegan a Valdoviño da man do programa Falaredes, da Secretaría Xeral da Lingua, cun espectáculo que combina humor e música para fomentar valores centrais como a igualdade. Nesta ocasión, as populares personaxes teñen a intención de crear unha banda de música das que desfilan tocando polas festas, aínda que no seu empeño atopan unha morea de dificultades para as que sempre hai solución.

Ademais, co apoio da Área de Igualdade da Deputación da Coruña, o municipio acollerá a proposta de narración oral «Vicio houbo sempre».

A actriz Atenea García presenta unha proposta divertida e fresca con historias de vida recollidas a mulleres que xa cumpriron os 80. Historias que falan de desexo, de pracer ou de sexualidade. O espectáculo toma o nome da primeira frase coa que naceu a primeira conversa: «Vicio hubo siempre, gracias a Dios!» para falar de amor e da vida que sempre existiu nas marxes, fiando contos sobre a diversidade sexual, a ausencia na emigración ou a diversión nos bailes das festas. Todo, ao ritmo de historias e cancións acompañadas coa pandeireta.

Lea también

O Ciclo Mestre Mateo trae a Valdoviño a longametraxe “Honeymoon”

Programada para as persoas participantes nas aulas de estimulación cognitiva, Cultura abre o pase ao …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *