A obra teatral “Neura”, adiada ao 5 de decembro en Neda

Cambios na programación cultural desta semana. O Concello de Neda adía ao venres 5 de decembro, a partir das 20:30 horas, a obra teatral “Neura”, que pechará o programa municipal “Tempo para o teatro”. Motivos de forza maior da compañía De ste xeito obrigan a pospor o espectáculo, que aborda, en clave de comedia, o tema da saúde mental “iso si, con minúsculas”.

As persoas que xa adquiriron a entrada non terán que cambiala se queren desfrutar da peza teatral na nova data. En caso contrario, devolveráselles a cantidade aboada na biblioteca municipal entregando o seu billete

A obra, protagonizada por Stephy Llaryora e Sergio Macías, conta a historia de dous “ex” que, por circunstancias da vida, volverán poñer a proba a compatibilidade das súas neuras e loucuras cotiás. E farano, tras evolucionar por separado e pasar por diferentes terapias e pseudoterapias.

Esta comedia romántica chega á localidade da Rede Cultural da Deputación da Coruña. As entradas poden reservarse ou mercase por 2 euros na biblioteca municipal.

Lea también

Jornada de puertas abiertas en la Biblioteca Naval de Ferrol, «la cultura también se navega»

Este viernes día 23 de octubre, con motivo de la celebración del Día Internacional de …