O Ciclo Mestre Mateo trae a Valdoviño a longametraxe “Honeymoon”

Programada para as persoas participantes nas aulas de estimulación cognitiva, Cultura abre o pase ao público en xeral maior de 12 anos.

Dentro do Ciclo Mestre Mateo, o auditorio da casa da cultura de Valdoviño acolle este xoves a proxección da longametraxe «Honeymoon».

Será a partir das 11 horas, e aínda que a concellería de Cultura programou a sesión para os veciños que participan semanalmente nas aulas de estimulación cognitiva, como parte da programación, abre o pase ao público en xeral, maior de 12 anos, interesado no filme.

Dirixida por Enrique Otero, conta entre os seus actores e actrices principais con Javier Gutiérrez, Nathalie Poza, María Vázquez, Silvia Sirui, Fernando Albizu, Antonio Durán «Morris» e Pablo Derqui. A cinta aborda a historia de Eva e Carlos, un matrimonio en destrución, só unidos polo fillo que un día tiveron xuntos.

Lea también

Os aseos da praia da Marnela en Valdoviño quedan fóra de servicio temporalmente

Unha avaría na bomba deixa sen auga os aseos da praia de Marnela, en Valdoviño, …