Neda conmemora o 25N co “Encontro escolar polo bo trato”

Neda conmemorou o 25N co “Encontro escolar polo bo trato”, protagonizado, desta volta, por alumnado de últimos cursos de primaria do CEIP San Isidro e os primeiros curso da ESO do IES Fernando Esquío.

Fuente Concello de Neda/ Alumnado CEIP San Isidro

Tras gardar un minuto de silencio polas mulleres vítimas de violencia de xénero, os estudantes compartiron o traballado realizado nas aulas sobre a temática.

Fuente Concello de Neda/ Alumnado IES Fernando Esquío

E así, puxeron nome e contaron as historias das últimas asasinadas a mans das súas parellas; insistiron na importancia de seguir loitando contra todas as formas de violencia; subliñaron a necesidade de denunciar, e incidiron na urxencia de avanzar cara a unha igualdade real.

Como colofón, unha coreografía do tema “Varre vasoira” de Fillas de Cassandra, coa súa reivindicación da unión das mulleres como motor de cambio: “Somos as fillas de todas as que se plantaron” e “Xa non calaremos máis”.

Fuente Concello de Neda/ Representantes do alumnado colocando pancarta na fachada Concello

Lea también

Valdoviño celebra este domingo su Feirón mensual

Está organizado por la Asociación de Mulleres do Rural María del Mar Becerra con el …