O campionato galego de marcha en pista deixa boa participación e bos resultados

Excelente Campionato Xunta de Galicia de Marcha en pista de inverno o disputado esta fin de semana nas pistas do CGTD de Pontevedra a onde acudiron un total de 176 marchadores e marchadoras achegadas de todos os recunchos da nosa comunidade.

Fuente Federación Galega de Atletismo/ podio absoluto

Como era previsible os internacionais da Gimnástica de Pontevedra Antía Chamosa con 23:18.95 e o seu irmán Dani Chamosa con 20:58.78 proclamaronse  campións galegos absolutos desta edición na que amosaron novamente ca súa presenza, o compromioso persoal que manteñen co atletismo e ca marcha galega, o que foi unanimemente recoñocido polo numeroso público achegado ata as bancadas do recinto pontevedrés.

Xunto aos gañadores, estiveron no podio a campiona de España Sub18 Icia Ares do Ourense Atletismo quen remataba en 23:56.35 ocupando o terceiro lugar  unha extraordinaria Mar Chillón do Celta At. que remataba baixando dos vintecatro con 23:59.35 (MMP).

En homes foi o medallista de bronce no campionato de España 2024 Nicolás Collazo do Ames At. Savante, quen aproveitaba o ritmo do gañador para rematar nuns excelentes 20:37.93 que o permiten rematar o ano no Top10 de España. O metal de bronce foi para o campión e plusmarquista mundial máster Juan Manuel Morales do Marineda At. quen marcaba un tempo oficial de 21:46.93.

Fuente Federación Galega de Atletismo

No resto de categorías os gañadores foron os seguintes:

Absolutos. Antía Chamosa e Dani Chamosa (S.Gimnástica)

Sub20. Nicolás Collazo (Ames At.) e Natalia Rivas (Ría Ferrol)

Sub18. Icía Ares (Ourense At.) e Diego García (Celta At.)

Sub16.  Alba Vázquez (At. Lucense) e Mateo Valcarce (ADAS CUPA)

Sub12. Deva Pallas (Beade) e Gael Seijido (At. Narón)

Sub10. Daniel Bermúdez (ADAS CUPA) e Laiene Igesias (At. Lucense)

Máster35. Carlos Morales (S.Gimnástica)

Máster50. María H. Grande (Ourense At.)

Máster45. Patricia Simón (At.Cuntis) y Juan M.Morales (Marineda At.)

Máster75. Jacinto Cea (Samertolomeu)

Compre salientar as trinta e cinco mellores marcas efectuadas ao longo do campionato polos participantes entre as cales se atopan os 36:56.23 de Jacinto Cea do Samertolameu que supoñen un novo récord galego da categoría Máster-75

II Circuito Galego de marcha atlética

Este campionato foi puntuable para o II Circuito Galego de Marcha atlética que ao longo deste 2025 se foi levando a cabo por distintas probas. O vindeiro  28 de decembro o Concello de Ames, será o encargado de poñer o punto e peche ao mesmo ca celebración da súa proba e ca premiación do circuito

Lea también

El Torneo de Fútbol Sala OcioSol de Valdoviño ya tiene ganadores

El Torneo de Fútbol sala OcioSol 2026 ya tiene campeones. El Bar El Paseo se …