As Pontes licita a demolición do antigo Pardo Bazán para construir a Casa de Acompañamento a Persoas Maiores

O Concello das Pontes vén de licitar a demolición do antigo Colexio Pardo Bazán cun orzamento de 400.205 euros, paso imprescindible para habilitar a parcela onde a Deputación da Coruña construirá a futura Casa de Acompañamento a Persoas Maiores, o primeiro xeriátrico público do municipio.

O conxunto consta de dúas edificacións diferenciadas. A orixinal, situada na esquina de Pardo Bazán con Calderón de la Barca, está construída con cerramentos portantes de dobre fábrica de ladrillo, estrutura horizontal de madeira maciza de castiñeiro e cuberta de lousa. A ampliación, executada en formigón armado con forxados unidireccionais, conta con cubertas inclinadas sobre estruturas metálicas e de madeira, ademais dunha zona de ximnasio parcialmente soterrada.

Antes da demolición revisarase o corte de todos os subministros e retirarase o tránsito en zonas de potencial perigo. A demolición realizarase de arriba abaixo, eliminando previamente os elementos que dificulten o desescombro e realizarase en dez fases: desde a retirada de cubertas carpinterías e estruturas metálicas, ata o derrubo controlado do muro sur e da antiga vivenda adosada pasando pola demolición específica do edificio, situado á beira da rúa Calderón de la Barca, que se executará con técnicas combinadas manuais e mecánicas pola singularidade da súa estrutura.

Posteriormente retiraranse tabiques e cerramentos, derrubaranse fachadas cara ao interior e iniciarase a demolición dos forxados, retirando capa de compresión, bovedillas, viguetas e vigas en tramos seguros e sempre controlados.

A intervención concluirá coa demolición da cimentación e pavimentos, o traslado dos residuos a xestores autorizados e a recuperación dos áridos. As actuacións afectarán puntualmente á mobilidade: a rúa Calderón de la Barca e a rúa Ramón e Cajal permanecerán pechadas ao tráfico de vehículos nas fases máis sensibles, e restrinxirase o paso peonil de forma puntual, sempre baixo supervisión do persoal de obra. Unha vez finalizada a demolición, a parcela quedará valada cun peche metálico.

O Concello salienta que esta intervención permitirá dispor dun solar seguro e plenamente preparado para iniciar a construción dunha infraestrutura esencial para o futuro dos servizos sociais nas Pontes e comarca.

Lea también

Valdoviño celebra el Día de la Música con un ciclo de espectáculos para los centros de enseñanza

La concejalía de Cultura programa funciones en el auditorio para el alumnado del CPI Atios …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *