Valdoviño destina o POS+Adicional Social a programas de atención ás persoas máis vulnerables

Os fondos provinciais tamén permitirán ampliar o catálogo de axudas técnicas coa adquisición dunha grúa e dunha cama articulada.

Valdoviño destina o POS+Adicional Social a programas de atención ás persoas máis vulnerables, persoal e axuda a domicilio.

O primeiro pleno do ano daba luz verde ao destino dos fondos que recibirá o Concello de Valdoviño no marco do POS+Adicional 1/2026 que promove a Deputación da Coruña para o financiamento de gastos sociais extraordinarios. O municipio ten asignados 80.147,72 euros, que irán dirixidos a sufragar programas municipais como o Plan Mellora de formación para o emprego, o servizo de atención xurídica e o servizo de atención psicolóxica que ofrece gratuítamente o Concello de Valdoviño, nos dous casos para veciños derivados dos Servizos Sociais Municipais.

A partida tamén permitirá minimizar a aportación que realiza a Administración local ao Servizo de Axuda a Domicilio, unha competencia que non é municipal pero que tamén sostén economicamente, así como cofinanciar o persoal do departamento de Servizos Sociais, neste caso unha persoa administrativa.

Finalmente, o Concello reserva unha partida duns 3.600 euros para investimentos.

Neste caso, a ampliación das axudas técnicas dispoñibles en alugueiro para persoas dependentes mediante a adquisición dunha grúa e dunha cama articulada, e equiposn informáticos.

Lea también

Evacuadas 12 personas de un tren detenido en un túnel en Mañón por la presencia de una chapa metálica en la vía

Una docena de personas ha sido evacuada de un tren detenido en la noche del …