A Escola Javi Gómez Noya conta con 27 canteiráns no Nada e Corre de Lugo

En cada categoría, os catro primeiros postos darán a clasificación para a final galega.

Fuente Triatlon Ferrol/ Adrián Canosa Ferrol

A Escola Javi Gómez Noya estará representada por 27 triatletas no Nada e Corre de Lugo, correspondente á fase clasificatoria da zona que engloba Ferrolterra e a provincia lucense. A base do Triatlón Ferrol distribuirase con seis deportistas de categoría prebenxamín, oito benxamíns, cinco alevíns, seis infantís e dous cadetes.

As clasificacións serán o resultado de sumar os tempos das probas de natación en piscina e, por separado, da carreira en pistas de atletismo.

Darán comezo este domingo ás 9:45 horas con distancias adaptadas a cada categoría e que van desde os 25 m de natación e 250 m de carreira da prebenxamín aos 300 m e 1.500 m respectivamente da categoría cadete. En cada categoría feminina e masculina, os catro primeiros postos darán a clasificación para a final galega.

Lea también

El Racing recibe este sábado al RM Castilla con una previa muy solidaria

M. V. Los de Guillermo Fernández Romo reciben la visita del filial madridista este sábado …