As Pontes pide a Fenosa restituír a subministración e crea un portelo de afectados

O Concello das Pontes, tras os reiterados cortes de subministro eléctrico rexistrados no municipio o martes, 18 de novembro, ven de esixir a Fenosa a reposición inmediata do servizo, así como a adopción de todas as medidas necesarias para garantir a estabilidade do subministro durante calquera proceso de reparación das infraestruturas eléctricas.

A situación xerou graves prexuízos á veciñanza, comercios e ás propias dependencias municipais, polo que o Concello considera inxustificable a demora no restablecemento do servizo e reclama á empresa eléctrica que actúe con máxima urxencia e dilixencia, minimizando ao máximo o impacto destes cortes sobre a vida cotiá da veciñanza.

Co obxecto de protexer e apoiar á cidadanía afectada, o Concello habilitará un portelo específico de atención, onde a veciñanza e os establecementos comerciais poderán presentar reclamacións polos danos, perdas económicas e inconvenientes ocasionados.

Ademais, o Concello efectuará as oportunas reclamacións ante a empresa subministradora para defender os dereitos, recuperar os danos económicos sufridos e protexer os intereses do municipio e da veciñanza afectada.

Lea también

El Supremo anula la autorización de un eólico en Moeche al no analizar los efectos con parques cercanos

El Tribunal Supremo ha anulado la autorización administrativa del parque eólico Moeche, en la provincia …