Mugardos renovará o parque infantil da Pedreira cun investimento de 84.000 €

O Concello de Mugardos levará a cabo a renovación integral do parque infantil da Pedreira, unha actuación financiada a través do Plan POS+ Adicional 4/2025, cun orzamento total de 83.993,89 €.

O proxecto contempla a modernización completa da área de xogos, coa substitución dos elementos existentes por novos equipamentos máis seguros, accesibles e adaptados á normativa vixente, así como a mellora da contorna para garantir un espazo de lecer infantil de maior calidade.

O concelleiro delegado de Obras, Servizos, Medio e TICs, D. Jorge Manuel Kuntz Peiteado, destacou que esta actuación “responde á necesidade de actualizar unhas instalacións moi utilizadas polas familias do municipio, mellorando tanto a seguridade como a funcionalidade do parque”.

Kuntz Peiteado subliñou ademais que “desde o Concello seguimos priorizando investimentos que repercutan directamente no benestar da cidadanía, especialmente en espazos públicos destinados á infancia e ao goce familiar”.

Con esta intervención, o Concello de Mugardos reafirma o seu compromiso co mantemento e a mellora dos espazos públicos, apostando por infraestruturas máis modernas, seguras e adaptadas ás necesidades actuais do municipio.

Lea también

Ares inicia o Ciclo de Cine de Verán ao aire libre

O Concello de Ares arrancará esta semana cunha das propostas culturais máis atractivas para o …