Narón, referente en educación vial e mobilidade entre o alumnado

O Concello de Narón continúa a impulsar o proxecto educativo “Pegadas Seguras”, unha iniciativa do departamento de Seguridade Vial que busca fomentar hábitos de mobilidade responsable, autoprotección e respecto polas normas de tráfico entre o alumnado de Educación Infantil.
 
Fuente Concello de Narón/ Ayala
O proxecto traballa na actualidade cos dez centros escolares de Narón contando coa comunidade educativa e integrando o alumnado nunha experiencia lúdica e participativa que combina coñecementos sobre educación vial, valores de convivencia, coidado da contorna e primeiros auxilios básicos. Neste primeiro trimestre, dentro de “Pegadas Seguras” estanse a desenvolver actividades como “Pinchi e Pegadas, Heroes da Axuda”, un taller impartido por persoal sanitario de Protección Civil dirixido a alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil, no que os nenos aprenden nocións de autoprotección e primeiros auxilios mediante xogos e narracións interactivas.
 
Fuente Concello de Narón/ Virxe do Mar
Fuente Concello de Narón/ Virxe do Mar
 
O proxecto incorpora tamén circuítos simulados dentro dos colexios e en espazos exteriores, nos que os cativos practican a identificación de sinais de tráfico, pasos de peóns e o uso de elementos de seguridade como cascos e chalecos reflectores. Mediante xogos de rol, construción de maquetas da cidade e saídas supervisadas en bicicleta ou patinete, o alumnado desenvolve habilidades motoras, de coordinación e orientación espacial.
 
O departamento de Seguridade Vial subliña que o obxectivo de “Pegadas Seguras” é que os nenos de Narón adquiran coñecementos prácticos e actitudes responsables para moverse con seguridade, coidar da súa contorna e desenvolverse como cidadáns conscientes, contribuíndo así a construír unha cidade máis segura e sostible para o futuro.
 
Fuente Concello de Narón/ Ayala
O departamento está a desenvolver tamén neste primeiro trimestre escolar o Taller Metrominuto. Destinado a alumado de 4º de Educación Primaria, esta iniciativa combina o coñecemento da contorna local coa medición de tempos de desprazamento a pé, en bicicleta ou patinete, fomentando rutas seguras e hábitos de mobilidade sostible.

Lea también

Narón chama este 25N a actuar e non calar fronte ás violencias machistas

Narón conmemora o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres cun amplo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *