Aberta a inscripción en Valdoviño nunha nova ruta guiada polo «sendeiro equipado» das Ferrerías

Con prazas limitadas e participación de balde, celebrarase o 17 de xaneiro.

O Concello de Valdoviño organiza o vindeiro sábado 17 de xaneiro unha nova ruta guiada polo «sendeiro equipado» das Ferrerías, o primeiro do municipio e un dos poucos existentes en Galicia.

Trátase dun percorrido duns 5 quilómetros lineais paralelo ao cauce fluvial, entre o aparcadoiro próximo á praia de Vilarrube e as inmediacións do encoro das Forcadas. Unha zona virxe e salvaxe, con flora de ribeira autóctona e fermosos saltos de auga, accesible coa instalación de grapas e pasamáns que permiten salvar os obstáculos presentes nalgúns tramos.

A eses 5 km hai que sumar outros 5 da volta, por un camiño alternativo. O sendeiro inaugurábase hai apenas dúas semanas cunha primeira ruta guiada pola firma Portal Norte, encargada do deseño do itinerario, e tamén, da limpeza e mantenemento do percorrido durante todo o ano por encargo do Concello.

Tras a magnífica resposta da cidadanía, a concellería de Turismo que dirixe Rosana García reeditará agora a ruta guiada, de balde e con prazas limitadas.

A inscrición xa está aberta a través do whatsapp 648 877 780. Arrincará ás 10 horas, cunha duración estimada de 4 horas e dificultade media-alta. No caso de menores de idade, deberán ir acompañados dunha persoa adulta.

Tamén é obrigatorio levar calzado de montaña con bo agarre, roupa adecuada, impermeable, luvas e auga.

Lea también

La Sociedad Filarmónica Ferrolana ofrece el viernes, día 23, el concierto de la Real Filharmonia de Galicia

El primer concierto sinfónico de Ferrol en 2026 cubrirá la ciudad naval del espíritu musical …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *