Sesión COIN/AINE-EPEF en Ferrol sobre «Habilitación Naval»

Este 19 de novembro ás 18:15 horas terá lugar a cuarta e última das conferencias que a Delegación Territorial en Galicia do Colexio e Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, ten previsto organizar ao longo do 2025, en colaboración coa Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e subvencionada pola Deputación da Coruña.

Nesta xornada falarase do que engloba a habilitación naval como illamentos térmicos, acústicos, proteción contra incendios; habitabilidade, normativas aplicables e integración de sistemas (HVAC, canleado, mobiliario técnico); tamén se exporán as diferenzas con outras disciplinas como poden ser estrutura, propulsión, etc.

Finalmente exporanse as tendencias e futuro da habilitación naval, en dixitalización, sostenibilidades, automatización e prefabricación, así como novos tipos de buques (cruceiros sostibles, buques militares de nova xeración).

O relator principal desta xornada, será o enxeñeiro naval Pablo Guerrero Salgado, COO do Grupo GABADI, S.L.. Responsable da xestión estratéxica de operacións de «Nuestra señora de Lourdes (NSL), Gabadi, S.L., Gabadi Services Canada, Isonell e Moncina. Lidera as áreas de Comercial, Compras, Enxeñería, Produción e Oficina Técnica. É o encargado da planificación estratéxica, coordinación interdepartamental e optimización de procesos para garantir a eficiencia, calidade e rentabilidade»

Terá lugar no salón de actos Concepción Arenal -Campus Industrial de Ferrol. Está dirixido a estudantes de Grao e Máster, e público en xeral interesado na materia ata completar aforo.

Inscricións: https://bit.ly/3JjvCQV

Lea también

La Xunta reclama que se valore el impacto socioeconómico de la angula frente al «sesgo medioambientalista»

La conselleira do Mar ha defendido este viernes en Ferrol la «pesca responsable» del sector …