O Xeoparque Cabo Ortegal inicia o proxecto para a implementación do Sistema Europeo de Indicadores Turísticos

A acción verase complementada coa creación dun Consello de Sostibilidade con membros representantes do tecido empresarial local.

O Xeoparque Cabo Ortegal inicia un novo proxecto para a implementación do Sistema Europeo de Indicadores Turísticos (ETIS) no territorio e continúa adoptando medidas para avanzar cara o seu modelo de Destino Turístico Sostible. Esta acción suporá un fito importante para o turismo xeolóxico na comarca, xa que estes medidores permiten avaliar obxectivamente o impacto turístico a nivel ambiental, social e económico. Deste xeito, o Xeoparque contará con datos e medicións reais que lle permitrán seguir medrando e adaptándose ás necesidades concretas do territorio, acadando o perfecto acomodo turístico e creando novas oportunidades de negocio dentro do tecido empresarial local.

O proxecto, que se atopa na súa fase inicial, foi aprobado na última Xunta Directiva e implicará a creación dun Consello de Sostibilidade. Este novo órgano de xestión estará integrado por membros do Xeoparque, representantes dos Concellos que conforman o territorio, asociacións e empresas locais, que forman parte da cadea de valor turístico e do tecido económico da contorna.

O xerente, José Miguel alonso Pumar, mantivo unha reunión coa empresa Hidria, que será a encargada de levar a cabo a implementación do sistema, para sentar as bases dos primeiros pasos da actuación. Esta entidade conta con experiencia levando a cabo proxectos en materia de turismo sostible a nivel internacional.

A Deputación da Coruña promove esta mellora dentro do marco do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) – Proxecto Xeoparque Cabo Ortegal, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

Lea también

Arrancan los exámenes para Policía Local en Silleda el 28 de septiembre con más de 800 aspirantes

La convocatoria cuenta con 105 plazas distribuidas en 31 ayuntamientos de Galicia. Más de 800 …