O Talentiño presenta a candidatura da súa sintonía oficial aos Premios Mestre Mateo 2026

O certame de novos artistas O Talentiño, promovido polo Concello de Ferrol, dirixido a rapaces e rapazas da comarca de idades comprendidas entre os 8 e os 18 anos, e que este ano celebrou a súa terceira edición no Teatro Jofre, ten o orgullo de anunciar que presentou a candidatura da súa sintonía oficial aos prestixiosos Premios Mestre Mateo 2026, na categoría de Mellor Videoclip.

A sintonía foi creada a partir dunha colaboración artística única entre figuras destacadas da cultura galega. A letra, escrita polo recoñecido escritor ferrolán Antón Cortizas, e a música, composta conxuntamente por tres dos fundadores do Certame (Lucía Pérez,  Xabier Vizcaíno e Joaquín Enríquez) quenes  deron lugar a unha peza chea de emoción e identidade que simboliza o espírito do certame: fomentar a creatividade, o talento e a expresión artística da mocidade.

O proxecto nace do desexo de O Talentiño de ofrecer unha plataforma real onde os novos talentos da bisbarra poidan expresarse, compartir o seu talento e atopar visibilidade dentro do panorama cultural galego. A sintonía converteuse no emblema musical do certame e acompañará a cada edición, servindo como vínculo entre participantes e público.

Esta candidatura representa un paso máis no compromiso do proxecto coa promoción do talento local e coa defensa da creación cultural galega, amosando que as iniciativas xurdidas dende o ámbito municipal tamén poden aspirar ao recoñecemento autonómico e formar parte da excelencia audiovisual de Galicia.

Lea también

José Pardo e Jorge Meis inauguran en Santiago a mostra ‘DIÁLOGOS’

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participou este lúns en Santiago de Compostela …