José Pardo e Jorge Meis inauguran en Santiago a mostra ‘DIÁLOGOS’

Momento da inauguración

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participou este lúns en Santiago de Compostela na inauguración da exposición Diálogos, dos fotógrafos ferroláns José Pardo e Jorge Meis, que desde hoxe está aberta ao público no Museo Centro Gaiás.

A mostra, comisariada polo artista Eduardo Hermida, xorde da confluencia doutras dúas exhibicións: A peonza de Ucha (Pardo) e Ferrol (Meis), nas que ambos profesionais analizan a cidade departamental desde dous puntos de vista moi diferentes pero que, á vez, se unen baixo o paraugas do seu amor pola urbe naval.

O rexedor puxo de manifesto o labor fotoxornalístico diario que Meis e Pardo realizan, así como o seu traballo máis artístico e persoal.

Lea también

La SAF celebra Fray Angélico y entrega su X Paleta de Plata  

  Este pasado sábado día 14 en el Parador de Turismo de Ferrol la Sociedad …