O Pazo da Cultura de Narón colga o cartel de “todo vendido” con ‘1936’

O Pazo da Cultura de Narón rexistra este sábado 8 un novo ‘sold out’ coa representación de ‘1936’, o espectáculo dirixido por Andrés Lima que esta fin de semana chega á cidade.
 
Antonio Durán “Morris” en primer plano.1936_@geraldineleloutre_2025
Preto de 2.000 espectadores asistirán ás dúas funcións desta proposta de teatro contemporáneo, que conta cunha capacidade ampliada pola distribución escénica da montaxe. A produción do Centro Dramático Nacional, xunto a Check In Producciones e El Terrat, ofrece unha visión coral e poliédrica da Guerra Civil española, un dos episodios máis estudados e debatidos da nosa historia recente. Con dramaturxia de Albert Boronat e Andrés Lima, 1936 convida o público a un percorrido por distintos escenarios e voces, amosando a complexidade dun tempo cheo de feridas, silencios e reflexións.
 
O elenco, integrado por Antonio Durán “Morris”, Cristina Arias, Natalia Hernández, María Morales, Paco Ochoa, Mamen Camacho, Guillermo Toledo e Juan Vinuesa, interpreta homes e mulleres sen distinción de sexo, nun traballo coral que afonda na memoria colectiva e na condición humana. A montaxe parte dun exhaustivo proceso de investigación en arquivos, bibliotecas e hemerotecas, e ofrece, nas palabras do seu director, “unha mirada afastada de calquera carácter partidista ou propagandístico”, co obxectivo de lembrar, comprender e evitar que as feridas da historia volvan sangrar.
 
Con escenografía e vestiario de Beatriz San Juan, iluminación de Pedro Yagüe e música orixinal de Jaume Manresa, ‘1936’ propón unha reflexión escénica sobre o pasado, o presente e a responsabilidade colectiva. O pase do sábado, con todo vendido, confirma o grande interese do público por esta produción que combina teatro, historia e compromiso social.

Lea también

Presentadas las bases de participación para la fiesta de las Pepitas 2026

El miércoles 18 de marzo tendrá lugar una de las tradiciones más emblemáticas de la …