Unha unidade ADOS desplázase a Narón

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) desprazará unha unidade móbil á cidade de Narón este mércores 24 de decembro. O vehículo permanecerá operativo nas inmediacións do centro de saúde, en horario de 09:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas.

O Nadal é unha das épocas máis complicadas para manter estable a participación das persoas que doan sangue. Por iso, ADOS está a desenvolver unha campaña especial para acadar as 8.500 doazóns de sangue que precisan os centros sanitarios entre o 15 de decembro e o 15 de xaneiro, co obxectivode axudar a milleiros de doentes. A Axencia solicita a colaboración da cidadanía na difusión desta iniciativa para  incrementar a participación e conseguir este importante obxectivo solidario.

Dende ADOS lembran a importancia de manter hábitos axeitados antes de doar sangue. Así, recoméndase que as persoas que acudan pola mañá tomen o seu almorzo con normalidade, e que aquelas que o fagan pola tarde agarden dúas horas despois do xantar. As persoas doantes deberán acreditarse coa tarxeta de doante, o DNI ou outro documento oficial de identificación, e informar ao persoal médico no caso de estar a seguir algún tratamento farmacolóxico.

O sangue non se pode fabricar e só é posible obtelo coa doazón de persoas solidarias que axudan a outras a recuperar a saúde. Grazas ás persoas que doan sangue, cada ano pódese axudar a preto de 31.000 persoas enfermas nos hospitais galegos.

Neste Nadal, ADOS anima a buscar 15 minutos para doar sangue e salvar vidas. Para máis información pódese contactar co teléfono gratuíto 900 100 828, visitar a web ados.sergas.gal ou as redes sociais de ADOS.

 

Lea también

La Xunta licita por 1,6 millones las obras para convertir una entreplanta en Narón en 14 viviendas públicas

La Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ha dado un paso para ampliar el …