O CIRS de Cervás, Ares, celebra o tradicional magosto

“Centro Instrutivo, Recreativo e Social” (CIRS) de Cervás celebrará o tradicional magosto este sábado 8 de novembro.

Fuente Centro Instructivo Recreativo e Social Cervás

A programación de Outono deste ano comezara o pasado 10 de outubro cunha xornada de recollida de castañas nun souto da parroquia de Cervás, na que participaron máis de duas ducias de nenos.

A xornada do magosto deste ano comezará ás 18 horas cunha actuación de Cé Orquestra cun espectáculo promovido polo Concello de Ares dentro da Rede Cultural da Deputación de A Coruña. Un espectáculo do que nenos e vellos levan gozado a mans cheas das súas propostas polas máis destacadas feiras, festas, festivais e romarías populares do país. Coa música como elemento común, Cé orquestra pantasma, non defraudará en Cervás.

Cé Orquestra/ Fuente Centro Instructivo Recreativo e Social Cervás

Ao remate da actuación -sobre as 19 horas- celebraráse o tradicional magosto; no que poderán degustarse castañas, liscos e arenques.

Fuente Centro Instructivo Recreativo e Social Cervás

Lea también

Neda anuncia la creación de una lista de empleo para cobertura interina

El Ayuntamiento de Neda anuncia la creación de una lista de candidatos para trabajar como …