As Pontes informa a apertura de solicitudes para participar no Programa de Termalismo Social do IMSERSO

O Concello das Pontes informa de que xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a participación no Programa de Termalismo Social do IMSERSO para o ano 2026.

Os prazos para a presentación das mesmas son os seguintes: para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 4 de decembro de 2025 e para  as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 15 de maio de 2026.

Así mesmo haberá un prazo para a súa inclusión na Lista de Espera de prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias: para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ata o día 14 de maio de 2026 e para as quendas dos meses de setembro a decembro: ata o día 31 de outubro de 2026.

A adxudicación das prazas efectuarase de acordo coa puntuación obtida polos expedientes, tendo en conta os balnearios e quendas solicitadas.

Requisitos para poder participar no programa de Termalismo: Ser pensionista de xubilación o incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español; Ser pensionistas polo concepto de viudedade, que teñan mais de 55 anos; Ser pensionistas por outros conceptos ou perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego, que teñan cumpridos os 60 anos; Ser persoa asegurada ou beneficiaria do Sistema da Seguridade Social, con sesenta e cinco ou mais anos de idade.

Outros requisitos para participar no programa son, valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria, necesitar os tratamentos termais solicitados e non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nun centro residencial, nin enfermidade infecto contaxiosa. O solicitante pode ir acompañado polo seu cónxuxe, para o cal non se esixen os requisitos de pensión e idade.

Fuente Concello de As Pontes

Servizos que ofrece o programa:

Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido. Tratamentos termais básicos, que inclúen a prescrición do tratamento polo médico do balneario. Realización de actividades de animación. Póliza colectiva de seguro turístico.

Para mais información e formalizar as inscricións; www.imserso.es, ou poden pasar polo Departamento de Servizos Sociais, previa cita, chamando ao 981 44 10 08, en horario de mañá.

Lea también

Evacuado en helicóptero un hombre que fue rescatado inconsciente del agua en Ortigueira

Un hombre ha sido evacuado este martes en helicóptero medicalizado después de ser rescatado del …