Narón impulsa a recollida de aceite doméstico usado entre o alumnado

O Concello de Narón iniciou esta semana unha nova campaña ambiental dirixida á comunidade educativa coa entrega de embudos reutilizables nos centros de ensino de educación infantil e primaria, tanto públicos como concertados.
 
Fuente Concello de Narón
 
En total, repartiranse arredor de 2.100 unidades durante esta semana e a próxima, co obxectivo de fomentar entre o alumnado e as familias a recollida separada do aceite doméstico usado e concienciar sobre a importancia de evitar o seu vertido á rede de sumidoiros. Este xoves, o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Antonio Ramos, e a concelleira de Educación, Olga Ameneiro López, visitaron o CPI O Feal, onde fixeron entrega de embudos reutilizables ao alumnado de Educación Infantil, acompañados polo director do centro, Juan Carlos Bedia.
 
Durante a visita, explicaron ao alumnado o funcionamento dos embudos, que permiten gardar o aceite usado na casas en botellas de plástico para depositalo despois nos contedores específicos. Ameneiro destacou que “os nenos teñen un papel clave á hora de trasladar ás súas casas hábitos sostibles e boas prácticas ambientais. Pequenas accións como separar o aceite usado contribúen a protexer o noso entorno e a fomentar unha economía máis circular”.
 
Pola súa banda, Ramos subliñou que “verter o aceite polo fregadeiro pode causar danos nas tubaxes e nas depuradoras, ademais de contaminar grandes cantidades de auga. Por iso é tan importante depositar este residuo nos contedores habilitados, un xesto sinxelo que ten un grande impacto ambiental”.
 
A iniciativa enmárcase nas accións municipais de promoción da reciclaxe e dá cumprimento á Lei 7/2022, de residuos e solos contaminados para unha economía circular, que obrigaba aos concellos a implantar a recollida separada de aceite usado, téxtil e voluminosos antes do 31 de decembro de 2024. O Concello de Narón, a través do contrato de recollida de RSU e LV con Urbaser, adiantouse aos prazos previstos pola normativa coa implantación dunha ampla rede de recollida para estes residuos.
 
Actualmente, o municipio conta con 52 contedores de aceite usado, ademais de cinco puntos limpos de proximidade distribuídos polos barrios e o punto limpo municipal de Río do Pozo, onde tamén se poden depositar as botellas co aceite doméstico recollido nas vivendas.
 
Fuente Concello de Narón
 
No ano 2022, o Concello instalou 42 novos puntos de recollida de aceite e puxo en marcha os puntos limpos de proximidade, o que permitiu incrementar nun 25% a recollida deste residuo entre 2022 e 2024, ata acadar as 3,41 toneladas. Os embudos entregados, sufragados con fondos propios municipais e co apoio dunha axuda Next Generation EU – Goberno de España – Xunta de Galicia, permiten un uso sinxelo e seguro: adáptanse a calquera botella de plástico para facilitar o almacenamento do aceite ata o momento de depositalo nos contedores ou puntos limpos.
 
As persoas que desexen conseguir un embudo poden recollelo tamén na nave de Servizos Básicos, situada na estrada de Cedeira (km 1), en horario de 8:30 a 13:30 horas, ou no punto limpo municipal de Río do Pozo, aberto de luns a venres de 9:30 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas, e os sábados de 9:00 a 14:00 horas.

Lea también

Una furgoneta derriba un poste de hormigón en Pedroso, en Narón, y el conductor se da a la fuga

El accidente de tráfico, ocurrido de madrugada, provocó el arranque del poste de luz, dejando …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *