A igrexa de San Xosé de Ares acolle o XIV Festival de Panxoliñas

A igrexa de San Xosé de Ares acolle este domingo 21 de decembro, a partir das 18:00 horas o Festival de Panxoliñas organizado pola concellaría de Cultura, un certame no que se achega unha boa mostra da música coral da localidade.

Acadando a súa décimo cuarta edición, a veciñanza poderá desfrutar das obras corais da contorna aresán grazas as actuacións do grupo Son de Troula, a Rondalla Trovadores de Ares, a Banda de Música da Asociación Cultural Xábrega ou o Coro da Igrexa Evanxélica do municipio.

 

Lea también

Mugardos acolle a maxia do VIII Festival Internacional de Títeres coa obra “A Galiña dos Pitiños de Ouro”

    Este sábado 19 de setembro, a programación cultural de Mugardos terá unha cita …