Os Travellin’ Brothers actúan en Ferrol no teatro Jofre

O sexteto vasco forma unha das bandas máis respetadas do blues europeo. O espectáculo, de 90 minutos de duración, está dirixido a maiores de 16 anos.

Travellin Brothers fotografía Alex R. Cruz

Os Travellin’ Brothers, a banda de blues fundada no ano 2003 en Leoia (Bilbao), visita este venres ás 20:30 horas o teatro Jofre, para ofrecer un concerto no que repasarán os seus 20 anos de traxectoria musical. As entradas xa están disponibles na billeteira do Jofre e na web de Ataquilla .

Gañadores do prestixioso festival European Blues Challenge 2015, teñen unha gran bagaxe musical e continúan en ascenso. Camaleónicos como poucos, son capaces de tocar tanto en pequenos clubes e salas como nos máis grandes festivais.

O sexteto está formado por un baixo, unha guitarra, unha batería, un piano, un saxo e dúas coristas, que en cada unha das súas actuacións amosan actitude, enerxía e complicidade en estado puro. Con este formato viaxaron polo mundo, chegando a ofrecer máis de 1.200 concertos e atesourando nestas dúas décadas un total de 10 álbumes de estudio, entre os que figuran A Blues Experience, Bing Band ou Coming Home.

Ao logo destes anos, os Travellin’ Brothers tiveron a sorte e a honra de compartir escenario con auténticas lendas como Buddy Guy, Koko Taylor, John Mayall e incluso Ike Turner.

Lea también

El buque ‘Cantabria’ atraca en Ferrol tras dos meses de misión con la OTAN en el Mediterráneo

La unidad de la Armada completa con éxito su integración en la operación ‘Noble Shield’. …