Os deportistas do Club Kang competiron esta pasada fin de semana en taekwondo no Open Internacional Cidade de Pontevedra.

O equipo de ferrolterra formarono os infantís Enzo Rodríguez e Ángel O. Mbengue, a precadete Inés Gómez e @s cadetes Icía Feijoo, Nico Blanco, Thiago García, Claudia Martínez e Paula Seijas.
Unha competición de gran nivel, na que tiveron que poñer todo o seu esforzo nos tapices, e onde puido observarse a sua progresión. Obviamente, os que máis dedicación e implicación teñen semana tras semana, mellor traballo realizan na competición. O Club destaca «o grandísimo avance e boa competición que fixeron os nosos alumnos das categorías Infantil, Enzo e Ángel, e a precadete, Inés«.

O club tamén fai una mención destacada do traballo feito polas nosas cadetes; dicir así que Claudia Martínez queda fora das semifinais simplemente «por un accidente», pero iba gañando o combate e o remataría co resultado o seu favor seguro.
Por su parte Paula Seijas, quedou as portas da medalla, cunha rival de grandísimo nivel e coa que fixo un combate de tí a tí ata o remate do mesmo. Ambas pasaron a primera eliminatoria e non deixaron dubida do seu potencial e de que están entre as mellores de Galicia da súa categoría.

Icía Feijoo, Nico Blanco, Thiago García tamén fixeron un bo esforzo pero non foi suficiente pra superar os seus rivais, que a pesar de técnicamente estar moi igualados nos seus enfrontamentos, «un pouco de falta de confianza e pequenos erros«, fixolles non poder desgraciadamente a seguinte ronda.
Ouro liga A
Bronce liga A
Ouro liga A
Bronce liga B.
Galicia Ártabra Digital Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.