O Mercado de Porco Celta chega a Pontedeume e Elviña coa colaboración da Deputación

Haberá actividades de degustación de produtos elaborados con Porco Celta por prestixiosos cociñeiros galegos.

O mercado municipal de Pontedeume e o Mercado de Elviña, na cidade da Coruña, acollen este sábado 20 de decembro, unha nova edición do Mercado de Porco Celta, unha iniciativa de promoción e divulgación da raza autóctona galega impulsada pola Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (ASOPORCEL) e apoiada pola Deputación da Coruña.

As actividades desenvolveranse de maneira simultánea en ambos espazos: en Pontedeume, de 12:00 a 13:30 horas, e no Mercado de Elviña, na Coruña, de 11:30 a 13:30 horas, cun programa aberto ao público que combina divulgación, promoción e degustación de produtos elaborados con Porco Celta.

A presentación da xornada contou coa participación da deputada de Medio Rural, Cristina Capelán, a concelleira de Mercados da Coruña, Diana Cabanas, así como de representantes do sector produtor e gastronómico: Leonardo Tomé, presidente do Mercado de Elviña; Fernando López, gandeiro de Porco Celta e socio de Orixes Galegas; Javier Freijeiro, do restaurante Pracer; e Iván Rodríguez, director técnico de ASOPORCEL.

Durante a xornada, os asistentes poderán coñecer de primeira man as características da carne e dos produtos derivados do Porco Celta, mediante degustacións e demostracións gastronómicas, así como achegarse ao traballo das ganderías que crían esta raza autóctona en réxime extensivo e sostible.

Na degustación de produtos de Pontedeume colabora Santi Fernández, de Terra Food Solutions, mentres que no mercado de Elviña poderanse desgustar as elacoracións de Pablo Vila e Alejandro Méndez, de Cociñeiros Lugo e de Javi Freijeiro de Cociña Coruña.

Esta acción enmárcase no proxecto “O teu mercado en rural”, que conta co apoio da Deputación da Coruña, e que ten como obxectivo achegar a produción gandeira do rural galego aos mercados urbanos, fomentando o consumo de produtos de proximidade, de calidade diferenciada e cun alto valor ambiental e social.

Desde ASOPORCEL e a Deputación destacan que iniciativas como esta contribúen non só á promoción do Porco Celta, senón tamén á dinamización económica do medio rural. O Mercado de Porco Celta servirá este sábado como punto de encontro entre produtores, cociñeiros e consumidores, reforzando a ligazón entre o rural e a cidade a través do sabor e a tradición dos produtos autóctonos.

Lea también

Rueda confía en que el Gobierno autorice «este año» la implantación de SAIC en Ferrol

El presidente de la Xunta, Alfonso Rueda, ha mostrado este jueves su esperanza en que …