Proxección do documental “Lévame a idea” na casa da cultura de Valdoviño

O pase da cinta, un tributo ás creadoras e divulgadoras da música tradicional galega, celebrarase este venres día 7 ás 20:00 horas no auditorio da casa da cultura.

Casa da Cultura de Valdoviño

O Concello de Valdoviño participa do programa «Outono das Artes» que impulsa a Deputación da Coruña acollendo unha das proxeccións do documental «Lévame a idea», unha homenaxe ás mulleres, protagonistas na creación, transmisión e divulgación da música de tradición oral e da poesía popular galegas.

A cooperativa galega «Navíos e Folerpas» asina este documental, co que se quere facer un recoñecemento ás creadoras e divulgadoras da música tradicional galega. Unha peza documental de Laura Varela, Iria Villares e Vanesa Siso que reivindica cunha óptica feminista o papel fundamental das mulleres na preservación da poesía, o canto e a cultura popular de Galicia, piar esencial da nosa identidade colectiva. A transmisión oral das letras e músicas que nos vertebran como pobo está presente nas achegas que saen de distintos eidos vencellados ao mundo do tradicional.

O pase terá lugar este venres 7 de novembro ás 20 horas no auditorio da Casa da Cultura. A entrada é de balde, e libre ata completar aforo.

Lea también

El teatro Jofre de Ferrol estrena la obra teatral «Crónica del rey pasmado»

La obra teatral Crónica del rey pasmado, basada en la novela de Gonzalo Torrente Ballester …