A biblioteca municipal de Neda acolle este sábado o contacontos ilustrado “Cantareiras”

Sala infantil de la biblioteca municipal de Neda. Archivo

A biblioteca de Neda acolle este sábado 8 pola mañá un contacontos que, de xeito ameno e participativo, divulga entre o público infantil o papel fundamental das cantareiras, na nosa lingua. O espectáculo, no que a ilustración tamén será protagonista, leva por título: “Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas”.

A proposta de Polo correo do vento chegará a Neda, da man do departamento de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, a partir das 12 horas. E faino co obxectivo busca pór en valor entre a rapazada o papel das cantareiras na conservación e difusión do noso idioma. E así, dunha forma participativa, achegarase aos nenos e nenas a biografía dalgunhas destas mulleres (personificadas nas figuras de Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema e mais Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes das Pandeireteiras de Mens, de Malpica).

No transcurso da cita, os integrantes da compañía elaborarán un debuxo mural en directo e interpretarán algunhas das pezas que cantaban as mulleres homenaxeadas este ano pola Real Academia da Lingua, ademais dalgunhas propias.

Lea también

Valdoviño acoge la exposición del XIX Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica

Podrá visitarse en la casa de la cultura hasta el 20 de febrero. Valdoviño acoge …