Última oportunidade para anotarse no obradoiro de saúde sobre seguridade e prevención de riscos no fogar de Neda

A acción formativa está programada para o luns na Casa da Cultura de Neda.

Última chamada para apuntarse no obradoiro sobre seguridade no fogar, que impulsa o Concello de Neda da man da Escola Galega de Saúde para Cidadáns. A iniciativa, prevista para o vindeiro luns, 10 de novembro, busca contribuír á prevención de accidentes no ámbito doméstico.

A actividade divulgativa, que se desenvolverá na Casa da Cultura, de 16:30 a 20:30 horas, avaliará os riscos máis frecuentes aos que, de forma inconsciente, as persoas se expoñen nos seus fogares. E farao ofrecendo pautas para mellorar a seguridade en espazos como a cociña ou o baño, e aportando claves sobre como actuar ante caídas, queimaduras, intoxicacións…

No curso, impartido pola enfermeira Ana Isabel Calvo, prestarase especial atención ao tema das caídas dentro e fora do fogar (barreiras arquitectónicas, accesorios de axuda) e ao colectivo das maiores, especialmente exposto a este problema. Por último, falarase da importancia do autocoidado en quen asume tarefas de coidade de familiares dependentes.

Para participar cómpre anotarse a través da páxina web da Escola Galega de Saúde para Cidadáns (https://escolasaude.sergas.es/, apartado de cursos presenciais). Na Casa da Cultura axudarase á veciñanza interesada con dificultades para inscribirse online. A actividade levarase a cabo sempre que ataeste mércores se reúna un grupo mínimo.

Lea también

Deputación da Coruña e Concello das Pontes asinan o convenio para construír a primeira CAM da provincia

O acordo permite a cesión definitiva dos terreos do antigo colexio Pardo Bazán e impulsa …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *