A Alianza Aresana acolle o relatorio ‘Irracionalidade política na sociedade contemporánea’

O licenciado en Filosofía e tamén mestre de escola Juan Sanjurjo estará o vindeiro 6 de novembro, a partir das 19:30 horas no salón de actos da Alianza Aresana para reflexionar públicamente arredor da sociedade de hoxe e a súa relación co eido político.

Baixo o nome ‘Irracionalidade política na sociedade contemporánea’, Sanjurjo debullará cuestións como a ultradereitización do ecosistema político-institucional, o sentimento de representatividade da cidadanía con  respecto aos políticos e a deriva xeral que se está a vivir na actualidade.

O acto conta con entrada libre e está organizado pola concellaría de Cultura de Ares.

Lea también

A Deputación da Coruña entrega na V Gala da Cultura os premios ós gañadores dos certames culturais´25

O teatro Colón acolleu a cita, presentada por Susana Pedreira e Xoán Fórneas e coa …