Ares propón un Magosto e Samaín familiares na pista cuberta do CPI As Miranda

Todo listo para celebrar o Samaín e Magosto municipais na localidade aresá. Así o anunciou a Concellaría de Cultura, que desvelou as propostas desenvoltas dende o Concello para o vindeiro 9 de novembro ás 17:00 horas.

A pista cuberta do CPI As Mirandas acollerá un abano de actividades destinadas ós pequenos e ás súas familias, facendo da data un bo momento de lecer.

Haberá castañas asadas, un photocall para inmortalizar os disfraces grazas á colaboración da S.C. O Tilo e incluso un concurso de cabazas para sacar toda a creatividade a relucir.

Tamén se incluirán inchables, un cantabaila de Samaín e un espectáculo  de animación musical, que se sumarán ós obradoiros tematizados: un de chupa chups vampíricos e outro de maquillaxe e feridas.

A área de Cultura transmite o seu agradecemento ós voluntarios de  Protección Civil de Ares, amais da Sociedade Cultural O Tilo, que mantén  anualmente a súa involucración na materialización do evento.

Lea también

Evacuado en helicóptero un hombre que fue rescatado inconsciente del agua en Ortigueira

Un hombre ha sido evacuado este martes en helicóptero medicalizado después de ser rescatado del …