Licitada a primeira instalación fotovoltaica da Comunidade Enerxética de Moeche

Paneles fotovoltaicos-archivo

FEGAMP publica a licitación para a instalación e subministro dun sistema fotovoltaico da Comunidade Enerxética no  Concello  Moeche como Concello Piloto, por importe de 50.000,00€.  As empresas interesadas en presentar ofertas poden facelo ata o 6 de novembro ás 23,59 hORAS.

Este é un paso fundamental para avanzar na posta en marcha da Comunidade Enerxética constituída pola veciñanza e polo Concello de moeche, e supón recibir con carácter gratuíto a primeira fase do proceso de posta en marcha real da CE, tras varios meses de traballo de difusión, información, redacción de estudos por parte do Concello e un reducido grupo de persoas que foi medrando e que se  constiuíuen Comunidade de Enerxía Renovábeis de Moeche.

Agora tras ser elixido Moeche como Concello piloto, a FEGAMP  publica a licitación que ten como obxecto a subministración e instalación dun sistema fotovoltaico hibridado con almacenamento e dispositivos de medición e regulación enerxética, no marco do proxecto europeo 0081_CEL_RURAL_6_E, cofinanciado  polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa de Cooperación Interreg VI-A España-Portugal (POCTE)

Lea también

Informes técnicos determinan en Mugardos la tala de la palmera en la avda de Galicia

El Concello de Mugardos anuncia con pesar la inevitable tala de la palmera situada en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *