PSOE Ferrol pide prazos concretos para facer efectivo o cambio de nome do estadio da Malata a “Isidro Silveira”

O Grupo Municipal Socialista de Ferrol esixe ao goberno local que estableza prazos concretos para culminar a tramitación do acordo plenario que aprobou o cambio de nome do estadio da Malata a “Isidro Silveira”, aprobado o 29 de agosto de 2024.

O voceiro socialista, Ángel Mato, lembra que o Pleno xa deu luz verde á proposta impulsada polo PSOE e que o expediente estivo a exposición pública, polo que “non hai razóns para seguir demorando un recoñecemento que conta cun amplo consenso político e social”.

Mato subliña que “é hora de pasar das palabras aos feitos” e reclama que o goberno local fixe un calendario claro, con datas concretas para a resolución definitiva do expediente e a instalación da nova rotulación co nome de Isidro Silveira no estadio. “Queremos saber cando se vai facer efectivo o acordo e cando veremos o nome de Isidro Silveira visible no estadio. A memoria e o compromiso tamén se demostran con feitos e prazos”, afirmou o voceiro socialista.

O PSOE de Ferrol lembra que a iniciativa busca honrar a traxectoria e o legado de quen foi un referente para o racinguismo e para Ferrol, e reitera que este recoñecemento “non pode quedar esquecido nun caixón administrativo”. “O Pleno falou, agora toca cumprir”, concluíu Mato.

Lea también

El Colexio Oficial de Médicos de la provincia de A Coruña inauguró su nueva sede en Ferrol

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó este viernes en la inauguración de …