‘Cedeira Mar de Vida’. Sesión formativa sobre a actividade física, o deporte e a alimentación

O pasado luns tivo lugar unha charla para alumnos do CEIP Nicolás del Río co fin de formar aos máis novos sobre a importancia da actividade física, o deporte e a alimentación, un dos obxectivos do proxecto “Cedeira, mar de vida” dentro das axudas concedidas polo GALP A Mariña – Ortegal ao Concello de Cedeira.

Fuente Concello de Cedeira

Dentro das actividades que recolle o proxecto “Cedeira, mar de vida” orientadas a promover hábitos saudables, atópase a realización de sesións formativas para os escolares da vila. O pasado luns, 27 de outubro, Xan Suárez (adestrador do Club de Natación Cedeira) e Lucas Riola (triatleta e ex alumno do centro) impartiron unha charla a alumnos dos cursos 5º e 6º de Primaria sobre a actividade física, e o deporte.

Todos os escolares presentes amosaron unha actitude participativa, adquiriron novos coñecementos sobre a actividade física e a alimentación, e desfrutaron dunha xornada pedagóxica e entretida a partes iguais. A través desta actividade favorécese a práctica deportiva co obxectivo de fomentar o envellecemento activo. Isto, claro, sempre relacionado coas demais accións englobadas dentro do proxecto coma a posta en valor dos produtos locais, os recursos naturais e as actividades vinculadas aos mesmos, a partir da promoción de hábitos de vida saudables.

Foto de grupo, alumnos do CEIP Nicolás del Río. Fuente Concello de Cedeira

Deste xeito o proxectoCEDEIRA – MAR DE VIDA permite non só poñer en valor a importancia da actividade física, senón inculcar tamén ás novas xeracións hábitos de vida máis saudables, a través de sesións formativas, nas que impartir coñecementos aos rapaces e rapazas máis novos da vila que ademais poderán transmitir dentro da súa familia, engadindo un valor multiplicador ao proxecto entre xeracións.

O proxecto «CEDEIRA MAR DE VIDA: Promoción do produto mariñeiro como fonte de saúde e hábitos de vida saudable” foi impulsado polo Concello de Cedeira para financiación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, a través das axudas outorgadas polo GALP A Mariña – Ortegal.

Lea también

Mugardos refuerza los servicios sociales tramitando la cobertura de una plaza para el SAF

El Concello de Mugardos continúa trabajando en la mejora de los servicios de atención social …