A obra de danza contemporánea «Cicatriz» chega a Ferrol con Antón Reixa e Kirenia M. Acosta

A peza foi seleccionada dentro do catálogo de espectáculos recomendados pola Red Nacional de Teatros 2025.

A obra Cicatriz chega este venres 31 ás 20:30 horas ao Teatro Jofre de Ferrol, baixo a producción da compañía Kirenia Danza en colaboración con Artestudio e o Centro Coreográfico Galego. Trátase dunha peza de danza contemporánea que pon corpo ao poema homónimo do icónico Antón Reixa, baixo a coreografía e dirección de Kirenia M. Acosta.

En escena, aparecen dous corpos suturados: o dun artista galego de 67 anos que se inicia na danza tras un accidente que o deixou en coma, e o dunha coreógrafa de orixe cubana cunha traxectoria atravesada por lesións e resistencia. A complicidade de ambos visibiliza o anti-idadismo e a inclusión. Unha vez rematada a obra, comeza un coloquio final con ambos personaxes tan cheos de suturas. Búscase que o espectáculo sexa unha experiencia trans-sensorial e emocional que convide ao público a reflexionar sobre a natureza do desexo e o caos na vida humana.

A peza foi seleccionada dentro do catálogo de espectáculos recomendados pola Red Nacional de Teatros 2025, tendo dúas distincións: Espectáculo Inclusivo e Recomendado.

As entradas poden adquirirse ó prezo de cinco euros na billeteira do Jofre e na web de Ataquilla

Lea también

El Casino Ferrolano, protagonista de la primera de la «Rutas Culturais» de la UDC

  El área de Cultura de la Universidade da Coruña (UDC) inicia, el próximo sábado …