AXF impulsa a visibilidade da LSE no ámbito cultural na colaboración na película Leo&Lou

A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF) continúa o seu labor pola inclusión e a visibilidade da Lingua de Signos Española (LSE) no mundo cultural. Esta semana representantes da entidade asistiron á preestrea de Leo&Lou, unha película conmovedora que, ademáis de contar unha historia preciosa, pon en valor a Lingua de Signos e a importancia da comunicación accesible. 
 
A AXF colaborou na produción ofrecendo o asesoramento dun coach especializado en LSE, así como a cesión de material visual en lingua de signos que serviu para decorar a habitación da pequena protagonista. Un detalle que achega autenticidade á historia e reforza a presenza da lingua de signos no cinema, achegándoa ao público dunha forma natural e próxima. 
 
“Sentimonos moi orgullosas de cada paso que se dá cara a unha cultura máis inclusiva. A Lingua de Signos forma parte do noso patrimonio lingüístico e merece estar representada en todos os espazos culturais”, expresan dende a asociación.
 
A asociación tamén celebra que Ferrol teña un papel destacado no filme, mostrando unha vez máis a beleza e o talento da cidade na gran pantalla. 
 
Desde a AXF agradécese ao director Carlos Solano, á actriz Julia Sulleiro e ao actor Manuel Manquiña pola súa sensibilidade e compromiso ao dar vida a unha historia tan especial que promove a diversidade e a inclusión. 
 
Con esta colaboración, a Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra (AXF) reafirma o seu compromiso coa promoción da Lingua de Signos Española e coa creación de espazos culturais accesibles para todas as persoas.
 

Lea también

El ferrolano Coke Couto estrena un nuevo tema en Madrid inspirado en sus vivencias en la capital

Los productores Álvaro Ferrer y Asier Martí colaboran en este proyecto, formando parte de la …