FeC presenta no pleno mocións que versan no fomento do emprego na mocidade e na loita contra a soidade non desexada

O Grupo Municipal Ferrol en Común, presenta no Pleno da Corporación Municipal dúas mocións unha versa no fomento do emprego na mocidade ferrolá e a outra para a loita contra a soidade non desexada.

Con respeto ó fomento do emprego na mocidades ferrolá FeC expón o seguinte «O emprego e a vivenda son os principais motores para que unha cidade medre en poboación, asunto que debera estar na primeira plana da axenda política, especialmente en Ferrol, golpeada durante os últimos corenta anos por unha crise demográfica estrutural. A día de hoxe, para a mocidade a falta de oportunidades de emanciparse é preocupante. Unha vivenda inaccesible para quen ten o salario mínimo interprofesional e a falta de oportunidades laborais impiden o desenvolvemento pleno na sociedade e, en moitos casos, a procura de oportunidades noutras localidades»

«O cambio de tendencia no sector naval público, cunha demanda crecente de persoal cualificado nos diferentes oficios, é unha oportunidade para impulsar un cambio en favor dunha mocidade que quere quedarse en Ferrol, e non parece que a formación profesional estea a dar unha resposta áxil nin suficiente para satisfacer É clara a nova mentalidade dos mozos e mozas de Ferrol, que choca con outra máis desprezativa do pasado: a xente nova ten orgullo de cidade e quere buscar aquí o seu futuro».

«Para iso, o estímulo público é fundamental, malia a ser o emprego unha competencia autonómica, dende hai moitos anos a industria auxiliar do sector naval e mesmo a dirección local de Navantia, demandan algo máis, algo que poda dar inmediatez de resposta para o sector. No mandato de Ferrol en común, logo dunha reunión cos principais axentes implicados, empresarios, organizacións sindicais, asime e aclunaga, sentáronse as bases para traballar nese camiño, aínda sen ter unha demanda de emprego tan acuciante como hoxe».

«Isto derivou nun acordo para que o PIE local se centrase en formar persoal experto en soldadura ou caldeirería, cun acordo con Calsomatu que cedeu o seu equipamento e cualificación, e redundou no arranxo das portas do Estadio da Malata».

Ferrol en Común considera «imprescindible retomar esa senda, e non deixar que a inercia repita ano tras ano os mesmos itinerarios formativos, polo que,  instamos ao goberno local a desenvolver unha Mesa polo emprego, centrada na mocidade, con participación de todas as administracións, organizacións sindicais e empresariais, co fin de captar fondos e desenvolver formación acorde coas demandas que dese foro xurdan» e por otra banda «instamos a reservar unha partida destinada a ese fin no orzamento 2026».

Audio das dúas mocións de FeC

Con respeto á moción para a loita contra a soidade non desexada, FeC expón que «a soidade non desexada é unha verdadeira pandemia no século XXI. Case un trinta por cento da poboación ferrolá, segundo o Instituto Nacional de Estatística é maior de 65 anos, é dicir, unhas vinte mil persoas viven en Ferrol por enriba de esa idade, coas necesidades que iso implica a nivel sociosanitario e de atención institucional».

«Vemos de forma recorrente nos medios de comunicación a morte de persoas en soidade, que pasan en moitos anos da decena. Pero ademais destes casos dramáticos e extremos, a soidade non desexada desemboca en problemas físicos e mentais, nunha tristura que as persoas non merecen e que dende o concello debemos combater. En Ferrol hai arredor de 7.614 fogares unipersoais, dentro dese total, estímase que máis de 5.300 están ocupados por persoas maiores de 65 anos».

«Unha persoa que está soa e non quere estalo é consecuencia dunha sociedade que esquece o valor do comunitario, que propicia o illamento e que tanto no deseño físico como social está errada. Non hai espazos suficientes de atención, de comedores senior pasamos a xantar na casa, no canto de espazos verdes propiciamos urbanizacións especulativas, en lugar de propostas máis sociais como o cohousing seguimos co modelo obsoleto de residencias como contedores inasequibles».

«Propostas puntuais como as desenvoltas pola Universidade Senior, ciclos de cine de maiores ou festas populares organizadas polo concello especificamente para as persoas que viven en soidade, son interesantes, pero non pasan de ser efímeras e non chegan como un programa estudado e meditado que dea solución a un problema estrutural».

Dende Ferrol en Común «instamos a desenvolver un Programa contra a soidade non desexada, que preveña, detecte e interveña nos casos de illamento social, desenvolvendo un protocolo que procure a atención temperá e personalizada as persoas en risco de soidade non desexada.

«Para iso, tomando referencia programas contrastados como o de Betanzos ou Ortigueira, é necesario»:

Recompilar a información, traballando en rede os recursos municipais e as entidades sociais, analizando os datos e detectando as persoas desprotexidas ás que non chegan os recursos.

«Establecer sinerxias con outros servizos locais constituindo a Rede contra a soidade non desexada, que son veciños e veciñas, establecementos comerciais, farmacias, centros de saúde ou entidades que, con sensibilidade e respecto, estean atentos á dinámica diaria das persoas maiores do entorno e se detectan posibles sinais de illamento ou algún cambio importante as comunican ao equipo de coordinación».

«Crear actividades, a partir da divulgación do Programa, ofertar actividades e servizos destinadas a persoas maiores con especial dificultade de relación que poidan estar en soidade, sensibilizando, facendo contactos periódicos, e tratando de facer grupo poñendo en valor o sentimento de pertenza á comunidade, implicando a todos os maiores de 18 anos a cooperar no programa, ofrecendo tempo por tempo».

«O éxito do programa está máis que demostrado alí onde se implanta, os datos recollidos en 2019 na cidade de Barcelona conclúen que o 81% das persoas usuarias mellorou o seu ánimo, o 34% afirmou que dende que recibe o acompañamento telefónico sae máis de casa e coñece máis o barrio, o 49,6% coñeceu xente nova e mellorou a súa socialización e o 90% das persoas beneficiarias indicaron que recomendarían a participación no proxecto. Así mesmo, cabe sinalar que a media de idade das persoas voluntarias é de 67,5 anos, co que se consegue outro resultado a través deste programa: o fomento do envellecemento activo».

Polo tanto, FeC propón «que se desenvolva o programa Ferrol acompaña para a loita contra a soidade non desexada, en todas as fases descritas e cunha dotación orzamentaria específica para a súa implantación».

Lea también

COFER aborda en Ferrol la brecha entre formación y empleo

COFER aborda en Ferrol la brecha entre formación y empleo: Llamada a la acción para …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *